Blog Feed

Víctor Jara

Ficha técnica

Víctor Jara: contexto histórico e social.


Víctor Jara naceu en 1932 e foi asasinado en 1973. 

Durante a súa infancia presidiu Chile Arturo Alessandri, considerado por moitos o político máis importante no Chile do século XX, Foi durante esta época (1932-1938) cando comezaron a surxir grupos de esquerdas, como o Partido Socialista, fundado en 1932, e o Partido Comunista de Chile, fundado previamente en 1922 pero que se popularizaría nesta época. O PCCh é o partido ao que posteriormente se adscribe Víctor Jara. Tamén era cada vez maior o Partido Radical, de ideoloxía racional e socialdemócrata.

O Partido Radical procedería a gobernar Chile durante 14 anos seguidos, de 1939 a 1952 que corresponden a parte da infancia e á adolescencia de Jara. Esta época foi coñecida como ‘Gobiernos Radicales’. Caracterizouse por unha maior intervención na economía. De 1952 a 1958 gobernou o independente (pero apoiado polo Partido Agrario Laborista) Carlos Ibáñez. Os seguintes 15 anos son coñecidos como “Los Tres Tercios”, que foron 3 gobernos de 3 correntes políticas distintas: Primeiro, o liberal (aínda que independente) Jorge Alessandri, fillo de Arturo Alessandri. Segundo foi Eduardo Frei Montalva, do Partido Demócrata Cristiano, e por último e máis importante debido ao apoio que lle demostrou Jara, Salvador Allende de Unidad Popular. En 1973 ocorre un golpe de estado por parte do xeneral Augusto Pinochet, que levaría a un derrocamento de Allende -e o seu suicidio-, e a implantación dunha dictadura militar, así como a tortura e o asasinato de Víctor Jara por ser unha figura que apoiou abertamente o réxime.

O goberno de Allende durou 3 anos, do 3 de novembro do 1970 ata o 11 de setembro de 1973. Víctor Jara mostrouse comprometido co goberno de esta etapa públicamente. Este goberno aumentou as remuneracións dos traballadores do sector público e nacionalizaronse sectores clave para a economía de Chile como por exemplo a minería. Isto provocou un boicot por parte de Estados Unidos, nese momento presidido por Richard Nixon. Houbo unha fixación estatal de precios e inflación, o que provocou unha folga por parte da oposición e de sectores profesionais como abogados ou exeñeiros, bautizada ‘Paro de Octubre’. Este detívose co ingreso nos Ministerios de membros das Forzas Armadas.

En marzo de 1973 prodociuse unha xornada de eleccións parlamentarias. Unidad Popular, o partido de Allende, logrou un 43,5% e conseguiu aumentar a súa representación. Os seus opositores, a CODE, obtiveron o 54,5%, que non chegaba aos dous tercios suficientes para destituir a Allende da presidencia. Logo dun intento de levantamento militar, coñecido como ‘tanquetazo’, Allende tiña pensado convocar un pleibiscito sobre el que finalmente non se celebrou. Isto foi debido ao golpe de estado de Pinochet, no medio da crisis política, económica e social na que estaba Chile. Pinochet declarouse a sí mesmo presidente da da Xunta Militar de Goberno ao que despois se sumou o de Xefe Supremo de Nación. 

Biografía de Víctor Jara

Víctor Jara foi un cantautor chileno nado en La Quiriquina no ano 1932. Aparte de cantautor, desenvolveu outras profesións coma actor, dramaturgo ou director teatral. Algo que posteriormente reflexaría na súa obra foi a súa orixe campesiña, de onde colleu o gusto pola música da sua nai. Jara quedou orfo aos 15 anos, tralo abandono do seu pai e o posterior falecemento da súa nai, o que fixo que tivese que ingresar nun internado. No ano 1957 entrou na Escuela de Teatro de la Universidad de Chile, onde coincidiu con Violeta Parra por primeira vez.

Tras obter o título no ano 1960, dirixiu obras teatrais e incluso chegou a obter premios por iso ata o ano 1967, ano no cal aparte de viaxar a Gran Bretaña para recibir outro premio, publicou o seu primeiro álbum en solitario. Dous anos despois publica Pongo en tus manos abiertas ao mesmo tempo que comeza a posicionarse políticamente, apoiando a candidatura de Salvador Allende por Unidad Popular. Canto libre, El derecho de vivir en paz y La población foron publicados no 1970, e foron recoñecidas coma obras de gran beleza e con forza poética, que foron claves para a concepción da súa figura coma un dos máximos expoñentes do resurximento e a innovación da canción popular en Lationamérica.

As súas cancións de temática de protesta, reivindicando os intereses do pobo e os seus problemas, foron un dos rasgos característicos da súa discografía, que ademais acabaron difundíndose por todo o mundo. 

Chegou a ser embaixador cultural do goberno de Allende, antes de que, no ano 1973, e tras o golpe de estado de Pinochet, o seu compromiso político lle costase a vida. Tralo nomeado golpe de estado, Jara e universitarios da Universidade Técnica del Estado encerráronse nas aulas da mesma para amosar o seu repudio ao novo réxime chileno. A pesar disto, as forzas do estado conseguiron entrar no recinto e tomar presos a todos os participantes daquela iniciativa, sendo o cantautor posteriormente torturado ao cortarlle ambas mans e a lingua, e asasinado ao dispararlle ata 44 balas o día 16 de setembro en Santiago de Chile. 

A figura de Víctor Jara perdurou durante o tempo, deixando a súa marca non só na sociedade sudamericana, senón chegando ata moitísimos lugares ao redor do globo.


  • Nace en La Quiriquina en 1932

  • No 1957 entra na Escola de Teatro da Universidad de Chile

  • No 1969 publica Pongo en tus Manos Abiertas

  • No 1970 publica El Derecho a Vivir en Paz

  • No goberno de Allende (1970-1973) posiciónase públicamente a favor deste

  • É asasinado no Estadio Chile o 16 de setembro de 1973

As cancións protesta de Víctor Jara

‘Te recuerdo, Amanda’

Probablemente esteamos a falar da canción mais recoñecida do cantautor chileno. Este tema, que viu a luz no ano 1969, contén unha historia tráxica capaz de romper corazóns. Nela, cóntase a historia dunha parella de obreiros, Amanda e Manuel, que debido á explotación laboral no seu posto non atopan tempo para verse. Esta situación remata ca morte de Manuel. Trátase dunha historia terrible que Jara emprega para criticar as condicións laborais do pobo chileno e a precariedade no mesmo.

‘A desalambrar’ 

É outra das cancións de Víctor Jara que podemos encadrar dentro deste ‘xénero’ que sería o da loita polos dereitos dos traballadores. Jara foi, xunto a Victoria Parra, un dos precursores da canción protesta en Chile, incluso chegando a crear a coñecida coma

‘Nueva Canción Chilena’. En ‘A desalambrar’, versos coma «Yo pregunto a los presentes/ Si no se han puesto a pensar/ Que esta tierra es de nosotros/ Y no del que tenga más» encadran a canción dentro desta corriente xa mencionada.

‘El derecho a vivir en paz’

Este tema é unha clara crítica a Guerra de Vietnam, que tivo lugar entre o ano 1955 e 1975, máis concretamente vai dirixida a Ho Chi Min, o presidente vietnamita. Leva o mesmo nome que o álbum onde está recollida, que foi publicado no ano 1971.

Tío Ho, nuestra canción

es fuego de puro amor,

es palomo palomar

olivo de olivar.

Es el canto universal

cadena que hará triunfar,

el derecho de vivir en paz.

‘El cigarrito’

Poderíamos encadrala nos seus inicios como cantante de protesta, xa que é unha das súas primeiras cancións en solitario tras sair do grupo Cuncumén. Foi lanzada coma un single, e dende a súa publicación foi versionada por multitude de artistas coma Joan Manuel Serrat.

No mesmo ano de publicación do sinxelo, Jara falou no diario ‘El Siglo’ e fixo un repaso á actualidade, enumerando situacións coma o pánico provocado pola bomba atómica ou a pobreza que asolaba América Latina, preocupacións que, como xa sabemos, posteriormente reflexou na súa obra artística.

Tamén de nacionalidade chilena, destacamos á cantautora Violeta Parra. Podes consultar a súa información e música premendo sobre o seu nome. Infórmate máis sobre a música de Chile!

Silvio Rodríguez e a Revolución Cubana

Pero primeiro, o contexto…

Para entender a figura de Silvio Rodríguez primeiro temos que adentrarnos no contexto no que viviu. A súa canción está transversalmente atravesada pola ditadura de Fulgencio Batista (1952-1959), pola Revolución Cubana (1953-1959) e polo posterior goberno socialista, que dura ata a actualidade. 

A DITADURA DE FULGENCIO BATISTA

O 10 de marzo de 1952 o militar Fulgencio Batista y Zaldívar daba na Habana un golpe de Estado, coñecido como “el madrugazo”. O exército cubano baixo o mando de Batista intervén as eleccións convocadas para o primeiro de xuño dese mesmo mes. Deste xeito, Batista preséntase como único candidato ás eleccións co respaldo do resto de partidos e ilegalizando aos partidos contrarios á súa postura. O novo goberno suspendeu a Constitución de 1940, que rexía o país, o Congreso e o dereito a folga; reinstaurouse a pena de morte. 

Por outra banda, este golpe produciuse no contexto da Guerra Fría, nun momento de alta tensión entre o bloque occidental e o oriental. Estados Unidos tiña amplos intereses económicos en Cuba, azúcar e petróleo, polo que o 27 de marzo de 1952 recoñeceu o réximen de Batista.

O comezo dunha revolución

As primeiras confrontacións co goberno partiron do eixo estudantil. A Federación Estudantil Universitaria, unha organización que agrupa aos estudantes cubanos e sigue a liña de pensamento socialista, pretendía defender pola vía das armas a constitución. Coa axuda deste sector, o entón dirixente do Partido Ortodoxo, Fidel Castro, intenta facer tambalear o réxime. 

“La historia me absolverá”

Fidel Castro, 16 de octubre de 1953.

O 26 de xullo de 1953 asalta o cuartel de Moncada. O intento de insurrección fracasa e Fidel é levado a xuízo. No seu alegato, pronuncia a coñecida frase “la historia me absolverá”, antes de ser condeado a 15 anos de prisión. A partir deste momento Fidel Castro comeza a ser unha figura coñecida. 

Liberado ao pouco tempo, conforma o Movemento 26 de xullo (M26) en oposición á ditadura e publica o manifesto, que recolle este alegato, coa famosa cita como título. 

Bandeira do Movemento 26 de xullo. Fonte: Wikimedia Commons https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/24/M-26-7.svg 

“Seremos libres o seremos mártires”

Fidel Castro, 25 de novembro de 1956

O 2 de decembro de 1956 desembarcaba nas costas cubanas o iate Granma. O barco partía dende México, onde se reuniran varios homes do Movemento M26; dende alí prepararon unha expedición para volver aos seu país. En México coñécense Fidel Castro e Ernesto Guevara, máis coñecido como Che Guevara, que é aceptado como médico da expedición. Nesta embarcación ían 82 membros do grupo guerrilero que foron atacados polo exército. Dezaseis días despois do combate, os expedicionarios reagrúpanse nun lugar chamado Cinco Palmas. 

“Ahora sí ganamos la guerra”

Fidel Castro, 18 de decembro de 1956.

Coa axuda dos campesiños de Sierra Maestra, o Exército Rebelde (así se autodenominaban) o movemento guerrillero foise fortalecendo. Paralelamente, o Movemento M26 íase facendo forte nos núcleos urbanos tamén. Cunha ideoloxía moi heteroxénea pero baixo unha mesma estratexia, derrubar o réxime, o movemento actúa cunha ampla autonomía e consigue vencer ao Exército. 

En 1957 convócase unha folga xeral con epicentro en Santiago de Cuba que axudaría ao Exército Rebelde a conquistar o poder. Foi fortemente reprimida polas forzas do orde de Batista. 

Rebeldes en Sierra Maestra, 1957 Fonte: BETTMANN ARCHIVE BETTMANN de GETTY IMAGES

A finais de 1958, as guerrillas derrocan en Sierra Maestra ao cerco militar do exército batistiano, moi próximo á sua descomposición. Grazas a unha nova folga xeral en 1959 que dura cinco días, os insurxentes poden entrar na capital de Cuba e instaurar un novo goberno. As guerrilas campesiñas e obreiras liquidan ao Exército do réxime e a partir deste momento o poder queda en mans do Exército Rebelde. 

A partir deste momento, comezan as reformas no plano económico, que tensan a relación coa burguesía e os países do bloque occidental. En mayo de 1959 establécese a Ley de Reforma Agraria, que xa formaba parte do ideario do M26. O 29 de xuño de 1960 intervense a petroleira estadounidense Texaco e o un de xullo as compañías Esso e Shell. 

Neste momento, Estados Unidos comeza coas medidas de presión económica contra a illa e suspende a compra de azucre a Cuba. 

En outubro seguen as medidas económicas e se nacionaliza a banca e case 400 grandes empresas. Sanciónase a lei de Reforma Urbana, grazas á cal os inquilinos adquiren a propiedade das súas vivendas. 

que pasou despois da revolución?

Baixo o bloqueo económico e a presión do xigante americano, Cuba comeza a buscar apoio no estranxeiro, neste caso na Unión Soviética. A revolución comeza a tomar un cariz comunista contra o que algúns se revelaron. Ese foi o caso de Huber Matos, que renunciou ao cargo de comandante xefe do exército na provincia de Camagüey para protestar contra isto. 

Cabe mencionar que baixo o goberno de Castro, lográronse moitos avances no campo da saúde, educación e seguridade. Segundo a Organización Mundial da Saúde para a BBC: “Los éxitos de Cuba en materia de salud son reconocidos mundialmente y dan cuenta de un nivel de compromiso consecuente y sistemático con el desarrollo de la salud por parte de las más altas autoridades de ese país desde 1959”. Cuba conta cun sistema de saúde público e universal, ademáis de ter avanzado en investigacións contra a transmisión do VIH de nais a fillos. 

Por outra banda, en educación, o analfabetismo considérase erradicado. Neste plano, baixo o goberno de Fidel Castro fúndanse as Brigadas de Alfabetización para loitar contra este problema. A elas únese a mocidade do país mediante as diferentes organizacións estudantis e políticas, mediante as que son convocados. Algunhas das tarefas que desenvolveron foron o censo de analfabetos e as campañas culturais para concienciar aos cidadáns cubanos da importancia de aprender a ler e escribir. Así mesmo, artéllase un sistema educativo público. 

En canto á seguridade, segundo a Base de datos de Estadísticas de homicidios internacionales de la Oficina de las Naciones Unidas contra la Droga y el Delito, Cuba ten unha tasa de 5 por cada 100.000 habitantes. Este dato coloca ao país como o segundo máis seguro de Sudamérica, só superado por Chile. 

Porén, todos estes logros quedan parcialmente opacados pola represión que levou a cabo o Goberno. Segundo o informe de Humans Right Watch de 2018 na illa ségense a reprimir as expresións públicas de discrepancia co réximen. O número de detencións arbitrarias en 2018 foi de 2.000, que foran reportadas.

Cuba ata agora

Dende abril de 2019 Cuba conta cun novo presidente fora dos Castro: Miguel Díaz Canel, que tomou o legado do irmán de Fidel Castro, Raúl Castro. Aínda así, Castro segue a manter o seu posto como líder do Partido Comunista de Cuba. 

O 22 de xullo, a Asemblea Nacional de Cuba aprobou por unanimidade a proposta dunha nova constitución, que sería votada en febreiro. Esta consitución ten como principal novidade a eliminación do obxectivo dunha “sociedade comunista”. Aínda así, mantén a hexemonía do Partido Comunista de Cuba no país.

Os días e flores de Silvio Rodríguez.

  • Érase que se era (1946-1958)

    Silvio Rodríguez chegou ao mundo un  29 de novembro de 1946, e ao contrario que todos os bebés, non berraba ao nacer: cantaba. San Antonio de los Baños viu crecer a un dos mellores músicos latinoamericanos, nunha familia de poucos recursos pero moita arte. 

    Foron seus pais, Víctor Dagoberto Rodríguez Ortega, campesiño, e Argelia Domínguez León, perruqueira, quen iniciou ao pequeno Silvio no mundo artístico. Seu pai comezou a lerlle libros e poemas, facendo que se interesase dende moi novo pola literatura, e mesmo que empezase a escribir.  Gustáballe a poesía e a ciencia ficción, e O principiño sempre foi unha das súas obras de referencia. Por outra banda, a súa foi un exemplo musical, xa que cantaba nun dúo coa súa irmá. Dende pequeno Silvio cantaba para amigos dos seus pais.

    Neste contexto, seus pais decidiron apuntalo ao Conservatorio para que tomase clases de piano, pero, a pesar do talento mostraba, deixou estes estudos. En seis meses, conseguira superar dous cursos, pero nin isto nin o entusiasmo da súa profesora conseguiron que perseverase co instrumento.

    Ao tempo que Silvio Rodríguez intentaba triunfar sobre o piano, nas rúas triunfaba a Revolución Cubana. Era 1953 cando Fidel Castro liderou o movemento que rematou coa ditadura de Fulgencio Batista. Este episodio marcou tanto a historia cubana como a propia historia do cantautor. Foi un cambio político do que dependeu o futuro do país, e un movemento que marcou a Silvio Rodríguez, facéndoo madurar cando aínda era moi pequeno, e situándoo no mundo real e a época na que vivía.

    “Aquella cosa que digo en una canción del niño que se arranca los juegos de un tirón, eso fue lo que nos pasó a nosotros: la realidad nos obligó a dar un salto”.

  • Con melodía de adolescente (1958-1967)

    Comezou así o que se podería clasificar como unha adolescencia prematura. En 1959 Fidel Castro chegou ao poder, e foi por estas datas cando Silvio Rodríguez comezou a militar e delimitar a súa postura política. Así, en 1960 iniciouse nas Juventudes Socialistas de San Antonio de los Baños, e na  Asociación de Jóvenes Rebeldes que fundara o propio Ché Guevara. Ao momento que aumentaba a súa implicación na vida política, Silvio Rodríguez  cursaba o bacherelato.

    A súa implicación en ambos campos aumentou, ata acabar mesturando os estudos e a militancia. Así, meteuse nas Brigadas de Alfabetización Conrado Benítez en 1961. Unhas brigadas que viaxaban ao campo para ensinar aos campesiños matemáticas, literatura, lingua, xeografía, historia, etc. Tamén se anoto nas milicias escolares.

    Silvio Rodríguez, ademais de moitas cousas, era polifacético, así o demostrou toda a súa vida e así o demostrou tamén na súa xuventude; mentres participaba en estes proxectos, cultivou con triunfais resultados a súa vida artística. Foi en 1962 cando comezou a colaborar na revista cultural Mella, que lle permitiu coñecer a diversos caricaturistas e escritores. Compuxo nesta revista a súa primeira canción, “El rock de los fantasmas”. Retomou as clases de piano, acompañándoas de clases de pintura.

    En 1964 entrou no Servizo Militar Obrigatorio (SMO) das Fuerzas Armadas Revolucionarias (FAR). Nin as botas grises nin os uniformes militares foron capaces de roubarlle a creatividade. No servizo coñeceu a Esteban Baños, que o instruíu na guitarra, polo que comezou a compoñer as súas primeiras cancións.

    Silvio cantando no servizo militar. Fonte: wikipedia.org

    As FAR organizaban concursos literarios e artísticos. Silvio presentouse en 1967, conseguindo o primeiro premio grazas a un libro de poemas chamado “Horadado Cuaderno nº1”. Con isto demostraba que daba igual onde se atopara, cal fora o seu cometido e os medios dos que dispuxera: Silvio Rodríguez estaba destinado a ser unha estrela.

  • Que levante la mano la guitarra (1967-1974)

    En xuño de 1967, dun día para outro, Silvio deixou de estar fronte ao pelotón para estar diante das cámaras. “Música y Estrellas” foi o programa televisivo no que fixo a súa primeira aparición, coas botas militares aínda postas. “Eran mis zapatos, yo estaba en el ejército y fui al programa al día siguiente de desmovilizarme. Yo me desmovilicé el lunes 12 de junio de 1967 y al día siguiente, martes 13 de junio, debuté en Música y Estrellas, y los únicos zapatos que tenía eran mis botas rusas, ¿con qué iba a ir?”, declarou anos despois o propio cantante.

    A data na que se presentou á sociedade non foi un augurio, e a mala sorte non acompañou a súa primeira actuación televisada, na que interpretou BUSCAR CANCIÓNS. Máis ben todo o contrario; aínda que nunca lle gustaron os focos, Silvio Rodríguez recibiu a partir desta actuación un programa propio chamado “Mientras tanto”. Este programa cultural acollía a diferentes artistas, escritores, pintores, debuxantes, etc.

    Musicalmente, Silvio evolucionou, ensinou e aprendeu.  A morte del Ché fixo brotar dous froitos titulados “La leyenda del águila” e “Por qué?”, cancións que naceron da tristeza de Silvio, que admiraba moito a Guevara. En 1966, creou “La casa de la Trova”, xénero musical ao que dedicou toda a súa carreira, xunto con outros cantantes fundadores da Nueva Trova. Cabe destacar tamén a creación tres anos despois do Grupo de Experimentación Sonora del ICAIG, un taller no que participaban distintos músicos para compoñer cancións e bandas sonoras.

    Foi nesta época cando saiu ao mercado o seu primeiro EP, “Pluma en ristre”, e compuxo cancións como “Canción del Elegido”.

    Silvio Rodríguez empezaba a converterse nun personaxe público, e como tal, toda fama leva consecuencias. O propio Goberno arrebatou a Silvio o seu programa televisivo. A razón: unhas declaracións que fixera sobre The Beatles, grupo inglés prohibido en Cuba nesa época, e por poñer en pantalla un vídeo dun bico, tamén prohibido. Silvio Rodríguez narrou este episodio no seu blog persoal, Segundacita.com

    Cuando me dijeron que estaba suspendido, agregué, ‘Yo tengo un oficio al que puedo regresar’. Me refería al trabajo como historietista y diseñador de prensa plana que había ejercido desde los 15 años. Pero aquello sacó de sus casillas a mi interlocutor, que me gritó: ‘¡Pues desde ahora Ud. no puede trabajar en nada de la Revolución! ¡Largo de aquí!’”.

    Na entrevista na que o despediron, tamén se puxeron en dúbida as amizades que mantiña o cantautor, o que fixo que fora instransixente; esa desconfianza dos seus círculos próximos provocou o seu enfado, e non pediu desculpas polos feitos dos que se lle acusaban.

    Puido ser esta a razón que fixo que Silvio Rodríguez embarcara ese ano nun barco chamado Playa Girón. Pero tamén se conta que puido ser polo seu primeiro desengano amoroso: Emilia, a súa parella á que lle dedicou cancións como Óleo de una mujer con sombrero, abandonárao. Dunha maneira ou outra, o cantautor estivo embarcado durante 125 días, navegando ata Cabo Verde e Dakar.

    Silvio no Playa Girón. Fonte: wikipedia.org

    Un amigo regaláralle unha gravadora, que foi parte do equipaxe que levou no barco. Grazas a este instrumento e casetes de 90 minutos, Silvio puido gravar todas as composicións que realizou na viaxe: sesenta e dúas cancións, entre as que destacan Ojalá e Playa Girón.

    “Un pescador compartía camarote conmigo.El se marchaba y yo me quedaba con una grabadorita pequeñita, ahí grabé todo lo que se me ocurrió”.

    Esta experiencia abriu unha nova etapa na vida de Silvio Rodríguez: a súa etapa formalmente musical. Foi á volta desta viaxe cando comezou a gravar e sacar a ampla discografía que posúe.

  • Esta es la vida (1974-2000)

    En 1974 viu a luz o primeiro disco en solitario de Silvio Rodríguez: Días y Flores. O contido  político dalgunhas das creacións que formaban parte desta obra foi a razón de que fose censurado en países como Chile e España. Ambos estaban baixo réximes ditatoriais (Pinochet e Franco, respectivamente), polo que eliminaron as cancións Días y flores e Santiago de Chile. En España, o disco distribuíuse baixo o título “Te doy una canción”¸  ao faltar a canción que daba título orixinalmente.

    Mentres arrincaba a carreira discográfica de Silvio, comezaba en Angola unha Guerra Civil que durou máis de vinte e cinco anos. O cantautor, comprometido co conflito do apartheid sudafricano, alistouse nas Brigadas Internacionalistas cubanas. Estivo dúas veces no frente, cantando ás tropas cubanas e angoleñas. Anos despois, describiu estas Brigadas como “unha organización que fue capaz de poner a muchos seres humanos a trabajar por un causa”.  A guerra foi unha das que máis durou en África, e Silvio e o resto das tropas cubanas regresaron ao pouco.

    Silvio Rodríguez continuou coa súa carreira, que aínda estaba despegando. Xa tiña unha gran fama e recoñecemento en Cuba, pero non moita discografía publicada. En 1977 sacou Cuando digo futuro¸ o seu primeiro álbum recompilación. O ano seguinte, o mundo tivo o pracer de coñecer o disco Al final de este viaje, xunto con Antología, outro álbum recompilación, e Mujeres. Dende este momento, seguiu compoñendo discos ata 1992, chegando a ter unha obra de máis de 20 álbums.

    Destacou toda a súa vida por compaxinar a arte coa política, e así continuou facendo nos seus anos máis prolíficos musicalmente. En 1993 foi escollido deputado da Asemblea Nacional do Poder Popular, que representa o poder lexislativo de Cuba. Mantivo este posto ata o ano 2008.

    Tamén nesta época recibiu numerosos premios e recoñecementos. Destaca o nomeamento en 1997 como Artista UNESCO da paz. A este seguiron premios como o Premio Nacional da Música, Premio Latino por toda una vida ou recoñecemento como Doctor Honoris Causa (pola Universidade San Marcos de Lima en Perú, a Universidade Nacional de Córdoba en Arxentina e a Universidade das Artes de Cuba).

  • Cuando digo futuro (2000-adiante)

    Dende o ano 2000, Silvio seguiu traballando artistica e politicamente. Dixitalizou a súa discografía e continuou con xiras e concertos, entre os que destacan os concertos que deu en cárceres aos presos. Estivo en Madrid hai dous anos. Colabora tamén cun grupo de músicos, escritores e artistas para facer unha xira polos barrios máis necesitados da Habana.

    Silvio no concerto en Madrid, 2016. Fonte: publico.es

    Segue ligado á Revolución Cubana, mostrando aceptación cara a Miguel Díaz-Canel. «Tienen la responsabilidad de haber echado a andar la revolución, pero son personas que le han dedicado toda su vida a esto, y tienen derecho a descansar», declarou sobre os líderes da Revolución Cubana.

    Ademais, comezou un blog persoal, onde explicar en liña as súas vivenzas, pensamentos e ideas sobre o mundo, chamado Segunda Cita. Neste fala tamén das súas influencias, entre as que destaca a Martí, e da súa relación con outros músicos como Pablo Milanés.

EL NECIO – SILVIO RODRÍGUEZ

El Necio é unha das cancións protesta máis coñecida de Silvio Rodríguez. Non obstante, cunha carreira musical tan ampla e de calidade, non podemos reducirnos a recomendar unha única canción. Por iso, deixámosvos esta playlist para que coñezades a música que revolucionou Cuba.

Para no hacer de mi ícono pedazos,
Para salvarme entre únicos e impares,
Para cederme un lugar en su Parnaso,
Para darme un rinconcito en sus altares

Me vienen a convidar a arrepentirme,
Me vienen a convidar a que no pierda,
Mi vienen a convidar a indefinirme,
Me vienen a convidar a tanta mierda
Yo no se lo que es el destino,
Caminando fui lo que fui
Allá Dios, que será divino
Yo me muero como viví,
Yo me muero como viví
Yo quiero seguir jugando a lo perdido,
Yo quiero ser a la zurda más que diestro,
Yo quiero hacer un congreso del unido,
Yo quiero rezar a fondo un «hijo nuestro»

Dirán que pasó de moda la locura,
Dirán que la gente es mala y no merece,
Más yo seguiré soñando travesuras
(acaso multiplicar panes y peces)
Yo no se lo que es el destino,
Caminando fui lo que fui
Allá Dios, que será divino
Yo me muero como viví,
Yo me muero como vivíYo me muero como viví,
Como viví
Yo me muero como viví

Dicen que me arrastrarán por sobre rocas
Cuando la Revolución se venga abajo,
Que machacarán mis manos y mi boca,
Que me arrancarán los ojos y el badajo
Será que la necedad parió conmigo,
La necedad de lo que hoy resulta necio:
La necedad de asumir al enemigo,
La necedad de vivir sin tener precio
Yo no se lo que es el destino,
Caminando fui lo que fui
Allá Dios, que será divino
Yo me muero como viví
Yo me muero como viví

Esta é unha das cancións máis revolucionarias de Silvio Rodríguez. Foi escrita en 1991 e publicada un ano máis tarde. As referencias á Revolución Cubana son claras, e Silvio narra explicitamente nesta obra a súa implicación política e como el concibe a revolución.

Trata tamén a Guerra Fría e como influía este conflito a Cuba. A canción nace da insistencia dos xornalistas para que Silvio declarase a súa opinión. Pero ademais, influiu un episodio que o propio Silvio viviu no aeroporto de Miame, onde lle romperon a guitarra que adoranaba cunha pegatina de Fidel e a bandeira cubana.

Silvio inicia a canción negándose a aceptar a rendición de Cuba, que estaba acosada por Estados Unidos nunha guerra sen fin. Así continua no resto de versos, expresando que nunca se rendirá, nin renunciará aos principios da Revolución. O final é amáxima expresión destes ideais, xa que mostra que non lle importan as consecuencias de continuar coa Revolución, xa que son os seus ideais e non os abandonará nin por tratos nin por medo.

Na actualidade, esta canción é un himno da esquerda cubana.

Mercedes Sosa

Ficha técnica:

Contexto histórico:

O territorio ocupado pola actual Arxentina conseguiu a súa independencia de España en 1816. Sen embargo, non foi ata 1880 cando se consolidaron as fronteiras e a unión da nación. Para iso, levouse a cabo a Conquista do Deserto, proceso de conquista dos territorios -a Pampa e a Patagonia-, ocupados ata entón por tribus indíxenas, como mapuches, tehuelches e ranqueis, supondo a perda de identidade e cultura, así como o seu envío a reservas indias ou campos de traballo forzado.
Dende a Independencia de Arxentina ata 1930, produciuse unha quenda pacífica entre conservadores e progresistas, escollidos por sufraxio censitario cunha profunda manipulación electoral e forte presencia do caciquismo. Destaca a crise economica que seguiu a I Guerra Mundial e o movemento obreiro, influenciado pola Revolución Rusa de 1917, cuxas manifestacións son duramente reprimidas.

Co movemento revolucionario, apareceu o contrarrevolucionario. En 1919, fundouse a Liga Patriótica, un partido extremadamente conservador, formado por grandes empresarios, antigos aristócratas, militares e católicos, e contou cun grande apoio na Policía e o Exército. Presentaba unha ideoloxía baseada no patriotismo, aversión aos inmigrantes, represión ao sindicalismo e catolicismo. Deste partido xurdiría en 1930 o golpe de Estado do xeneral Uriburu. A partir de entón e ata 1943, recurriuse ao fraude electoral masivo (autodenominado fraude patriótico) para manter a xenerais e políticos conservadores no poder. É a denominada Década Infame.

Sería en 1943 cando se daría outro golpe de estado, neste caso de ideoloxía oposta, que traería o peronismo.
Juan Domingo Perón foi escollido democraticamente en 1946 e sería o político máis importante do século XX en Arxentina.

Durante o seu primeiro mandato, concedeu o voto ás mulleres, permitiu a educación gratuíta, levou a cabo políticas de redistribución da riqueza e nacionalización dalgúns sectores económicos, como o ferrocarril ou a banca. A nacionalización do petróleo poría a empresarios nacionais e estadounidenses en contra do Goberno arxentino.  A clase obreira apoiaría masivamente a Perón. Ábrese así unha fenda irreconciliable na sociedade que aínda perdura hoxe en día.

Perón sería reelixido en 1951 e expulsado en 1955 por outro golpe de Estado, a Revolución Libertaria. Viviría no exilio 18 anos.

A partir de 1955, comezarían unha serie de Gobernos conservadores, católicos e afíns ás medidas liberais recetadas polo FMI, motivados por golpes de estado. A intervención de EEUU está detrás deles: polo Tratado de Westpoint, en agosto de 1964, os EEUU permitíanse a intervención en calquera país latinoamericano no que houbera risco de propagación do comunismo.

Cos sindicatos intervidos e gran represión militar, a clase obreira perdeu calidade de vida e traballo e o descontento aumentou. En 1962 volvería gañar o peronismo as eleccións, pero un golpe de Estado dado días despois arrebataríalles o poder. En 1966 pasaría exactamente o mesmo: As eleccións repetiríanse e gañaría unha opción de esquerdas, a UCR, pero o goberno de Illia sería truncado por outro golpe militar.

A presión e o descontento social (que ser vería plasmado nas revoltas populares ou pobladas) faría que o ditador do momento, Lanusse, convocara eleccións libres en 1973.

Serían ampliamente gañadas polo peronismo, e volvería Perón a ser presidente despois de 18 anos de exilio, se ben morrería 10 meses despois. A súa sucesora foi a súa muller, María Estela Perón, pero outra vez, un golpe de estado de influencia estadounidense devolvería o poder á ditadura o 24 de marzo de 1976.

A nova ditadura tería como cara visible a Jorge Rafael Videla. Nela, os dereitos humanos foron sistemáticamente violados e Arxentina destacou pola cantidade de desaparecidos (máis de 30.000), torturados e asasinados perpretados polo grupo paramilitar Triple A. En 1982, Arxentina declararíalle a guerra a Reino Unido pola disputa das Illas Malvinas, guerra que perdería e provocaría a caída do réxime militar.

A democracia chegaría en 1983, sendo elixido o partido socialdemócrata Unión de Centro Radical de Raúl Alfonsín, posteriorimente substituído polo justicialista (o partido fundado por Perón) Carlos Menem e este, por Fernando de la Rúa (UCR). Todos eses mandatos estarían supeditados ás obrigas do Fondo Monetario Internacional de devolver a débeda herdada da ditadura, dunhas magnitudes espectaculares (45 mil millóns de dólares), polo que se levaron a cabo medidas neoliberais de conxelación de salarios e xubilacións, e privatizacións. As medidas impostas polo FMI resultaron ser equivocadas, porque impediron o gasto estatal nun contexto onde as inversións eran necesarias. Como consecuencia, deuse unha hiperinflación que estalaría en 2001 coa súa respectiva crise, a maior da historia do país.

O 19 e 20 de decembro de 2001, as manifestacións convertíronse en saqueos que paralizaron Arxentina. Dende as súas casas, millóns de habitantes saíron á ventana facendo soar as súas cacerolas. Este episodio é coñecido como o cacerolazo. A gran manifestación na Plaza de Maio foi duramente reprimida, causando 39 mortes (Matanza da Praza de Maio) e precipitou a caída de De la Rúa.

Argentina estaba economicamente afundida. O 54% da poboación vivía baixo o umbral da pobreza en 2003. O clima de inseguridade era maior que nunca, ata o punto de valorarse “a disolución nacional”.

O 27 de abril de 2003 chegaría ao poder o justicialista Néstor Kirchner. Anularía 9 mil millóns de débeda co FMI, para deixar de depender das políticas impostas dende Europa. Formaría parte dos gobernos anti-liberais en América Latina, que frearían a creación da Área de Libre Comercio Americana. Iniciaría os xuízos polos crimes cometidos nos anos 70. En 2007, sería substituído pola súa muller, Cristina Fernández de Kirchner, quen habería de enfrontarse á crise económica. Sufriría varios paros por parte das patronales e anularía todos os fondos de pensións privados. En 2010 aprobaríase a lei de matrimonio igualitario, convertíndose no 10º país do mundo en facelo.

A clase media en Arxentina duplicaríase dende 2002 ata 2009, chegando a ser o 45% da súa poboación.

Pese a que o balance dos 13 anos de Kircherismo é positiva, a inflación e a pebreza seguía sendo un problema, unido a corrupción. As políticas proteccionistas e a intromisión do estado na economía eran demasiado para unha gran cantidade de votantes, que elixiu en 2015 a Mauricio Macri como presidente, do partido Cambiemos.

Mauricio Macri liberalizou a compra de dólar, provocando unha enorme fuga de capitais, o que devaluou o peso arxentino un 40%. Isto creou a necesidade de solicitar un rescate ao FMI, revivindo os peores fantasmas do pobo arxentino. A liberalización doutros sectores provocou a explotación masiva do petróleo e gas arxentino (a galiña dos ovos de ouro) se ben isto provocou críticas dos ecoloxistas e un aumento do prezo da enerxía eléctrica dun un 500%.

O 23 de novembro deste ano, o kirchnerismo volveu gañar as eleccións. Cristina é a vicepresidenta e Alberto Fernández, o líder electo.

Actualmente, Arxentina é dos países máis avanzados de América Latina. A influencia do Estado é forte, se ben as diferencias sociais seguen a ser considerables. Os principais problemas cos que conta Arxentina son a inflación, a subida do prezo do dólar (que causa a inflación e a fuga de capitais), o pago da débeda co FMI (do 81% do PBI), o desemprego (que está no 10%, sendo as PyMes as máis afectadas) e o gasto social (6 millóns de traballadores no sector privado fronte a 19 millóns de funcionarios, percibidores de axudas públicas e xubilados).

Biografía:

  MERCEDES SOSA

Cantante e maior expoñente de música folclórica arxentina do século XX.

Coñecida como La Voz de América Latina, fundadora do Movimiento del Nuevo Cancioneiro e unha das expoñentes da Nueva Canción latinoamericana.

Tamén abordou outros xéneros como o tango, rock e pop.

Defínese como “cantora” antes que “cantante”, xa que para a Nova Canción latinoamericana, como dixo Facundo Cabral: cantante é o que pode e cantor o que debe.

  • Infancia e adolescencia en San Miguel de Tucumán.

    Nada o 9 de xulio de 1935 en San Miguel de Tucumán, nun fogar humilde.

    Descendiente de calchaquíes, franceses e españois. Filla de pai obreiro da industria azucareira e de nai lavandeira de familias acomodadas.

    Comezou a cantar un día de outubro de 1950, cando tiña 15 anos:

    Faltou un día a súa profesora de canto a clase e a directora mandouna cantar. Ela, pese ao seu pánico escénico que mantivo durante a súa traxectoria musical, cantou. Ese mesmo día, os seus compañeiros animaronna para participar nun concurso dun programa de radio. Para que o seu pai non se enterase, agochouse baixo o pseudónimo Gladys Osorio, e debutou cunha canción chamada Triste estoy, de Margarita Palacios, unha das figuras que a inspiraron durante a súa vida. Finalmente gañou o programa, cuxo premio era un contrato de dous meses cantando na emisora, e dende ese momento comezou a súa vida de cantante.

    Na súa primeira etapa actuou na radio cantando boleros.

  • Primeiros anos:

    Cando Mercedes Sosa comezou a cantar, o tango a música latinoamericana por excelencia, pero chegou a música folclórica que estaba gañando popularidade en Bos Aires. Chamouselle “boom do folclore” que coincidía coa migración das persoas do campo á cidade, coa chegada da industrialización.

    En 1957 casase en Mendoza co músico Oscar Matus e foron a Mendoza onde tiveron o seu primeiro fillo Fabián. No mesmo lugar, formaron xuntos unha sociedade artística co poeta Armando Tejada Gómez.

    O seu primeiro álbum, La voz de la zafra, grabouse en 1959 por RCA. Foi grazas ao músico  Ben Molar que recoñeceu o seu talento e convenceu aos directivos para producir o disco. Mais adiante pasou a nomearse como “Canta Mercedes Sosa”

     Está integrado por 8 cancións dos socios Matus e Tejada Gómez​ ademais doutras catro cancións de autores amigos. A canción “Nocturna” é especial para Mercedes, pois fala do seu amor por primeira vista con Oscar Matus.

    “Tú, junto al amor que nos separa, llenas mi dulce guitarra de oscura distancia… llevas mi voz en tu voz, triste y suave”

    Movimiento del Nuevo Cancionero:

    11 de febreiro de 1963, Mercedes impulsou xunto a Armando Tejada e o seu marido Oscar Matus o “Movemento del Nuevo Cancionero” ou da “Nova Canción”. A cantante mantívose fiel aos principios do movemento do manifesto, vencendo prexuízos artísticos, culturais e ideolóxicos.

    Estes principios tamén afectan na  selección rigorosa das súas cancións, que teñen orixe e un forte vínculo co popular. Ademais, este movemento foi o seu apoio constante a xovenes autores e formas musicais, o intenso diálogo co rock nacional, o tango e o pop, así como a dimensión latinoamericana da súa arte.

    En 1965, o seu esposo a abandona, deixandoa soa co seu hijo Fabián nunha situación económica e emocional moi difícil.

    Decidiu trasladarse a Bos Aires, e alí, grabou o seu segundo álbum: “Canciones con fundamento”.

    O mesmo ano, antes de cumprir 30 anos presentouse como público á V edición do Festival Folclórico de Cosquín. Un célebre músico, Jorge Cafrune, mandouna subir ao escenario e a presentou como:

    Yo me voy a atrever, porque es un atrevimiento lo que voy a hacer ahora; sé que voy a recibir un tirón de orejas; pero ¡qué le vamos a hacer! Yo siempre he sido así, galopeador contra el viento. Les voy a ofrecer el canto de una mujer purísima, que no ha tenido oportunidad de darlo y que, como les digo, aunque se arme la bronca, les voy a dejar con ustedes a una tucumana: ¡Mercedes Sosa!”.

    Mercedes cantou “Canción del derrumbe indio” de Fernando Figueredo, tocando o bombo. O éxito foi absoluto e significou grabar o seu terceiro álbum co selo PolyGram. O disco saíu en 1966 e nomeouse “Yo no canto por cantar”. Con este álbum alcanzou a fama, pois conten cancións cunha voz e letra maravillosa.

  • Xira Internacional e outros discos:

    Comezou a xira por Estados Unidos e Europa en 1967. Un ano despois lanza o seu álbum “ Con sabor a Mercedes Sosa” no que canta “Desde el norte traigo en el alma”, de Virgilio Carmona, un tema dedicado a Tucumán a súa provincia natal e coa que está moi arraigada.

    Simultáneamente grabou un disco dedicado a dous autores chilenos: Violeta Parra “Gracias a la vida”, e Víctor Jara “Te recuerdo Amanda”.

    En 1970, publicou outro disco titulado “El grito de la tierra”, en el que incluíu o tema “Canción con todos”, de Armando Tejada Gómez e César Isella, que foi considerado o himno non oficial de América Latina.

    Tamén ahí están “Duerme negrito”, de Atahualpa Yupanqui e a zamba “Alfonsina y el mar”.

    Grabó un dos seus álbumes mais famosos: “Homenaje a Violeta Parra”, no ano 1971. Incluíu “Gracias a la vida” e “La carta”.O álbum iniciase cun recitado de fragmentos do poema “Defensa de Violeta Parra”, que o seu irmán Nicanor Parra escribiu.

    En xaneiro de 1973, na época da ditadura franquista, fixo a súa primeira actuación en España nun recital celebrado no Palacio de Deportes de Barcelona. O Goberno prohibiulle facer propaganda da súa aparición, e pese a iso, o lugar encheuse e a xente coreou as súas cancións facendoa chorar de emoción. 

    Publicou “A que florezca mi pueblo” onde incluíu “Chacarera de un triste”. E un pouco máis adiante o álbum “Traigo un pueblo en mi voz” con temas como “Cuando tenga a terra” e dous poemas musicados de César Vallejo.

    Co golpe de estado do 11 de setembro de 1973 en Chile por Augusto Pinochet, xurou que non volver cantar alí ata que permanecese no poder.

  • Persecución política:

    De xove foi simpatizante de Juan Domingo Perón e apoiou a esquerda política durante a súa vida, afiliandose ao Partido Comunista.

    Foi incluída as listas negras do réxime militar e os seus discos foron prohibidos co golpe de Estado do 1976 co que comezou unha ditadura. Ese ano lanzou o disco “Mercedes Sosa, la mamancy” onde inclúe un poema de Pablo Neruda musicalizado por Victor Jara.

    A partir de 1976 e coas prohibicións do seu país, aprobeita e comezou xiras por África e Europa co guitarrista Lucho González; terminaron en Brasil.

    En 1977, Mercedes grabou un sencillo con dúas cancións de Milton Nascimento. Iniciou así o costume de incluir no seu repertorio cancións brasileiras, como “María María”.

  • Exilio e últimos anos:

    Mantense en Arxentina ata que en 1978 a deteñen nun recital en La Plata xunto con varios do público alí presente. Ese mesmo ano morre o seu segundo esposo Pocho Mazitelli.

    Marcha entón a París onde graba o álbum A quién doy e logo marcha a Madrid. Durante esos anos segue publicando álbumes como Mercedes Sosa interpreta a Atahualpa Yupanqui y Serenata para la tierra de uno. Incluíu cancións cheas de tristura pola dolorosa etapa que viviu no exilio.

    Nos anos 1990 Mercedes Sosa consagrouse coma unha das mellores cantantes do mundo e pasaron a chamala “A Voz de América” pola súa defensa dos pobos latinoamericanos.

    O 7 de setembro de 2003 foi invitada a cantar no teatro Colón de Buenos Aires xunto coa pianista de música clásica Martha Argerich e o guitarrista Eduardo Falú.

    En 2007 foi a principal figura do Festival da Democracia, que festexaba un novo aniversario do regreso da democracia arxentina.

    Volveu a cantar sobre o escenario pero esta vez sentada por problemas de saúde.O 30 de xuño de 2008 cantou en Tucumán para presidentes dos países membros asociados do Mercosur: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Paraguay, Uruguay e Venezuela.

    Os seus últimos traballos foron Cantora e Cantora II, álbumes nos que canta 34 cancións a dúo con cantantes iberoamericanos coñecidos e o seu segundo volume que colabora con artistas internacionais e nacionais.

    Morre en 2009, deixando os seus últimos álbumes considerados polos críticos como “de antoloxía»

Escoita a Mercedes Sosa!

Analizamos Canción para mi América

Dale tu mano al indio
Dale que te hará bien
Y encontrarás el camino
Como ayer yo lo encontr
é

Dale tu mano al indio
Dale que te hará bien
Te mojará el sudor santo
De la lucha y el deber

La piel del indio te enseñará
Toda la senda que habrás de andar
Manos de cobre te mostrarán
Toda la sangre que has de dejar

Dale tu mano al indio
Dale que te hará bien
Y encontrarás el camino
Como ayer yo lo encontré

Es el tiempo del cobre
Mestizo grito y fusil
Si no se abren las puertas
El pueblo las ha de abrir

América esta esperando
Y el siglo se vuelve azul
Pampas, ríos y montañas
Liberan su propia luz

La copla no tiene dueño
Patrones no mas mandar
La guitarra americana
Peleando aprendió a cantar

Dale tu mano al indio
Dale que te hará bien…

Mercedes Sosa lanza un berro de reconciliación co pobo indíxena e co medioambiente, dándolle voz a este tema de Daniel Viglietti.

A poboación autóctona da Arxentina foi aplastada coa chegada dos colonizadores españois, hai 5 séculos. Unha vez Arxentina logrou a independencia, as tribus que vivían na Pampa e na Patagonia foron sometidas a finais do século XIX. O interés nestes territorios radican na explotación de minerais como o cobre, ao que fai referencia a canción, e posteriormente, combustibles fósiles como o gas e o petróleo.

Estas tribus padeceron un proceso de relocalización, aculturación e perda da súa identidade. Dende entón, son a poboación máis desfavorecida e empobrecida, con dificultades para atopar traballo e ascender socialmente. En 1961, ano no que se compón esta canción, a xutiza tamén os discriminaba, pois as penas para a poboación indíxena eran superiores ao aplicárselle a lei antiterrorista.

Nesta obra, A Negra non só emprega a denuncia para reclamar melloras para esta poboación (os indios), senon que pon o foco na pobreza do pobo branco colonizador, que ten moito que aprender desta xente: dale la mano al indio/ dale que te hará bien. Un colonizador cuxos valores responden a unha relixión que permite semellantes crudezas e cuxo contacto co pobo orixinal debería servir para espertar a reflexión: dale la mano al indio […] te mojará el sudor santo de la lucha y el deber.

Resalta os valores pacíficos indíxenas, de vida en harmonía coa natureza, e contraponos cos valores de avaricia dos colonos: mentras que a pel do indio amosa o camiño a seguir, a man avariciosa do cobre só mostra toda la sangre que has de dejar. Esa harmonía vése en dous versos con dobre sentido: pampas, montañas y ríos / liberan su luz propia. O cobre, elemento vital para a electricidade e iluminación, está a destrozar un entorno natural cun valor intrínseco moi superior.

Mercedes Sosa apela tamén ao poder do pobo que sofre esta explotación: Si no se abren las puertas / el pueblo las ha de abrir […] la guitarra americana / peleando aprendió a cantar. Mercedes Sosa, afiliada ao partido comunisa e simpatizante de Juan Domingo Perón, cre no poder da masa agraria e proletaria para defender os valores que os unen. De aí tamén ese canto, na penúltima estrofa, á cambiar a orde social e liberarse do patrón (poque la copla -o pobo- no tiene dueño).

Bibliografía cantautores latinoamericanos

AGUIRRE, Facundo. La revolución cubana de 1959, La Izquierda Diario, 1 de enero de 2019 [consulta: 3 de diciembre de 2019] Disponible en: http://www.laizquierdadiario.com/La-revolucion-cubana-de-1959 

ARAÚJO VELEZ, Fernando. Silvio Rodríguez, e canto de la revolución. El espectador [en liña], 18 de xaneiro de 2019. [Consulta: 4 de decembro de 2019]. Dispoñible en: https://www.elespectador.com/noticias/cultura/silvio-rodriguez-el-canto-de-la-revolucion-articulo-834774

ARAÚJO VELEZ, Fernando. Silvio Rodríguez, el canto de la revolución. El Espectador. 18 de enero de 2019 [consulta: 3 de diciembre de 2019] Disponible en: https://www.elespectador.com/noticias/cultura/silvio-rodriguez-el-canto-de-la-revolucion-articulo-834774

AUDIO URCM [en liña]. Gabino Palomares cumple 40 años de una trayectoria de música y compromiso social. Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid (URCM), 2012 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://audio.urcm.net/Gabino-Palomares-cumple-40-anos-de

BERMÚDEZ, Ángel. Cómo Venezuela pasó de la bonanza petrolera a la emergencia económica. BBC News Mundo, 25 de febreiro de 2016 [consulta: 8 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.bbc.com/mundo/noticias/2016/02/160219_venezuela_bonanza_petroleo_crisis_economica_ab

BIBLIOTECA NACIONAL DE CHILE. Violeta Parra (1917-1967) [en liña], memoriachilena (2018), [consulta: 3 decembro 2019]. Dispoñible en: http://www.memoriachilena.gob.cl/602/w3-article-7683.html

BIOGRAFÍAS Y VIDA. Violeta Parra [en liña], biografiasyvidas.com [consulta: 3 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.biografiasyvidas.com/biografia/p/parra_violeta.htm

BIOGRAFIASYVIDAS.COM. Biografía de Mercedes Sosa [en liña]. Biografías Y Vidas, la enciclopedia biográfica en liña [consulta: 5 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.biografiasyvidas.com/biografia/s/sosa_mercedes.htm

BIOGRAFÍAS Y VIDAS. Víctor Jara [en liña], biografiasyvidas.com [consulta: 5 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.biografiasyvidas.com/biografia/j/jara_victor.htm

BUENA MÚSICA [en liña]. Alí Primera – Biografía, historia y legado musical de Alí Primera. BuenaMusica.com [consulta: 7 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.buenamusica.com/ali-primera/biografia

CAIELLA, Jorge. Breve historia contemporánea de la Argentina. Monografías [en liña]. 25 xaneiro 2008 [consulta: 1 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.monografias.com/trabajos53/argentina-contemporanea/argentina-contemporanea.shtml

CANCIONEIRO DA RESISTÊNCIA. Alí Primera – Los que Hacen falta (Acordes para Violão e Guitarra) [imaxe dixital]. Worpress [consulta: 6 decembro 2019]. Dispoñible en: https://cancioneirodaresistencia.wordpress.com/sobre-3/ali-primera-los-que-hacen-falta-acordes-para-guitarra/

CANCIONEROS.COM. Mercedes Sosa. Biografía [en liña]. Cancioneros.com, diario digital de música de autor [consulta: 3 decembro 2019]. Dispoñible en:  https://www.cancioneros.com/ct/20/0/mercedes-sosa

COLABORADORES DE WIKIPEDIA. Golpe de Estado en Cuba de 1952. Wikipedia, la enciclopedia libre, 2019. [consulta: 5 de diciembre de 2019] Disponible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Golpe_de_Estado_en_Cuba_de_1952

COLABORADORES DE WIKIPEDIA. Silvio Rodríguez. Wikipedia, la enciclopedia libre. Actualizado por última vez: 23 de novembro de 2019. [Consulta: 2 de decembro de 2019]. Dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Silvio_Rodr%C3%ADguez

CRUZ BÁRCENAS, Arturo. Entre protestas y consignas reviven en concierto y el ánimo de recitales de los años 70 y 80. Jornada, 2 de outubro de 2013 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.jornada.com.mx/2013/10/02/espectaculos/a11n1esp

CRUZ BÁRCENAS, Arturo. Gabino Palomares canta a Chava Flores y recorre la historia de México en dos discos. Jornada, 1 de abril de 2010 [consulta: 26 novembro 2011]. Dispoñible en: https://www.jornada.com.mx/2010/04/01/espectaculos/a08n1esp

DATOS BANCO MUNDIAL. Homicidios internacionales por cada 100.000 habitantes en Cuba, ano 2016 [consulta: 3 de diciembre de 2019] Disponible en: https://datos.bancomundial.org/indicador/VC.IHR.PSRC.P5?end=2016&locations=CU&start=1992&view=chart

DESTINOS MÉXICO [en línea]. Historia de México [consulta: 25 novembro 2019]. Dispoñible en: https://programadestinosmexico.com/historia.html

ECURED [en liña]. Alí Primera. EcuRed: enciclopedia cubana [consulta: 7 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.ecured.cu/Al%C3%AD_Primera 

EFE, Agencia. Festival Iberoamericano de la Canción Bolivariana. ABC, 19 de xullo de 1983 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1983/07/19/057.html

ELDIARIO.ES [en liña]. Cinco canciones para recordar por qué hace 45 años torturaron y asesinaron a balazos a Víctor Jara. Eldiario.es, 16 de setembro de 2018 [consulta: 6 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.eldiario.es/cultura/canciones-documental-recordar-Victor-Jara_0_815068581.html

FRASES DE FAMOSOS [en liña]. Frases de Alí Primera. Citas.in [consulta: 6 decembro 2019] Dispoñible en: https://citas.in/autores/ali-primera/

GOBIERNO DE MÉXICO. Quiero que la gente recupere la memoria y la poesía; soy un letrista de canciones. Secretaría de cultura [consulta: 25 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.gob.mx/cultura/prensa/quiero-que-la-gente-recupere-la-memoria-y-la-poesia-soy-un-letrista-de-canciones-gabino-palomares

GUERRA DÍAZ, Ramón. La guerrilla en la Sierra Maestra, monografías.com [en línea] 15 de diciembre de 2011  [consulta: 5 de diciembre de 2019]. Dispoñible en: http://blogs.monografias.com/cultura-cuba/2011/12/15/la-guerrilla-en-la-sierra-maestra/

HISTORIA DEL NUEVO MUNDO [en liña]. Independencia de Argentina. Historia del Nuevo Mundo [consulta: 1 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.historiadelnuevomundo.com/index.php/2017/07/la-independencia-argentina/

HUMANS RIGHT WATCH, World Report 2019: Cuba. Events 2018, año 2019 [consulta: 4 de diciembre de 2019]. Disponible en: https://www.hrw.org/world-report/2019/country-chapters/cuba

IMAGINARIO, Andrea. Canción Gracias a la vida de Violeta Parra [en liña], culturagenial.com [consulta: 2 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.culturagenial.com/es/cancion-gracias-a-lavida-de-violeta-parra/

INFOMED Instituciones [en linea]. ¿Qué es la FEU? [consulta: 5 de diciembre de 2019] Disponible en: https://instituciones.sld.cu/faenflidiadoce/que-es-la-feu/

KAVANAGH, Eduardo. Fidel Castro, de la guerrilla a la dictadura, La Razón, 16 de noviembre de 2019 [consulta: 5 de diciembre de 2019]. Disponible en: https://www.larazon.es/cultura/fidel-castro-de-la-guerrilla-a-la-dictadura-GJ21396990/

LA COMUNA. “Gente de mi tierra”. Homenaje a Alí Primera. Revista La Comuna [en liña], 5 de novembro de 2017 [consulta: 6 decembro 2019]. Dispoñible en: http://www.revistalacomuna.com/cultura/gente-tierra-homenaje-ali-primera/

LEANDRO, Harold. La Malinche: La maldición de América Latina. CRCHoy, 22 de maio de 2017 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.crhoy.com/mundo/la-malinche-la-maldicion-de-america-latina/

LIMA, Lioman. Revolución cubana: 3 éxitos y 3 fracasos del movimiento que inició Fidel Castro hace 60 años, BBC News El Mundo, 1 de enero de 2019 [consulta: 4 de diciembre de 2019] Disponible en: https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-46642092

LONELY PLANET [en línea]. Historia de México [consulta: 25 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.lonelyplanet.es/america-del-norte-y-central/mexico/historia

MINISTERIO DE LAS CULTURAS, LAS ARTES Y EL PATRIMONIO. Biografía [en liña], Violeta Parra, 100 años, [consulta: 3 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.violetaparra100.cl/biografia/

MORALES VALENTÍN, Emilio. Une Palomares música y cultura. El Universal, 21 de marzo de 2001 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://archivo.eluniversal.com.mx/espectaculos/18466.html

MUJERESNOTABLES.COM. Biografía de Mercedes Sosa cantante argentina [en liña]. Mujeres Notables, biografías de mujeres extraordinarias, 22 de xullo de 2018, [consulta: 5 decembro de 2019]. Dispoñible en: https://www.mujeresnotables.com/2018/07/22/biografia-de-mercedes-sosa/

NAVARRETE MAYA, Laura. Enciclopedia de la literatura en México [en liña]. Ciudad de México: Fundación para las letras Mexicanas A.C., 2005 [consulta: 25 novembro 2011]. Dispoñible en: http://www.elem.mx/autor/datos/122058

 NOTIMÉRICA, Fulgencio Batista, el dictador que fue derrocado por Fidel Castro, Notimérica, 6 de agosto de 2018 [consulta: 3 de diciembre de 2019] Disponible en: https://www.notimerica.com/sociedad/noticia-fulgencio-batista-dictador-fue-derrocado-fidel-castro-20170806083752.html 

NOTIMÉRICA. Juan Domingo Perón, el político argentino más importante del siglo XX. Notimérica [en liña], 1 de xullo de 2017 [consulta: 1 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.notimerica.com/sociedad/noticia-juan-domingo-peron-politico-argentino-mas-importante-siglo-xx-20170701085340.html

OILWATCH LATINO AMÉRICA [en liña]. La guerra del petróleo – Alí Primera. ONG OilWatch Sudamérica [consulta: 7 decembro 2019]. Dispoñible en: http://www.oilwatchsudamerica.org/canciones/552-la-guerra-del-petroleo-ali-primera.html

PALOMARES, Gabino. La maldición de Malinche [música streaming]. Spotify [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://open.spotify.com/track/5ZsgtTfaWU2AKDrgMb4eYG?si=LPLsWPVEQ2a0UZfpL-LTBg 

PENTZ, María Ignacia. El misterio detrás de «Gracias a la vida», la canción más emblemática de Violeta Parra [en liña], meganoticias.com, 4 de outubro do 2019 [consulta: 2 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.meganoticias.cl/tendencias/206948-el-misterio-detras-de-gracias-a-la-vida-la-cancion-mas-emblematica-de-violeta-parra.html

PÉREZ-CRUZ, Felipe de Jesús. La Campaña Nacional de Alfabetización en Cuba [en línea] Verona, julio-diciembre 2011 [consulta: 4 de diciembre de 2019] Disponible en: https://www.redalyc.org/pdf/3606/360635575003.pdf

PIGNA, FELIPE. “La conquista del desierto”. El Historiador [consulta: 1 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.elhistoriador.com.ar/la-conquista-del-desierto

PIRO, Carlos. De dónde viene la frase «La historia me absolverá» que usó Cristina en el juicio, Perfil, 2 de diciembre de 2019 [consulta: 3 de diciembre de 2019]. Disponible en: https://www.perfil.com/noticias/politica/cristina-kirchner-fidel-castro-causa-obra-publica-juicio-oral-y-publico-historia-absolvera.phtml 

PROCESO (Redacción). El extensionista. Proceso, 27 de xaneiro de 1979 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.proceso.com.mx/125312/el-extensionista

RESUMEN LATINOAMERICANO. Silvio Rodríguez: “veo este cambio con esperanza, es bueno para Cuba y para la Revolución”. Resumenlatinoamericano.org [en liña], 29 de abril de 2018. [Consulta: 3 de decembro de 2019]. Dispoñible en: http://www.resumenlatinoamericano.org/2018/04/30/silvio-rodriguez-veo-este-cambio-con-esperanza-es-bueno-para-cuba-y-la-revolucion/

SABORGAITERO [en liña]. Biografía de Alí Primera. SaborGaitero [consulta: 7 decembro 2019]. Dispoñible en: http://saborgaitero.com/biografia-ali-primera/

SCIELO [en línea]. La historia contemporánea de México y la historia global [consulta: 25 novembro 2019]. Dispoñible en: http://www.scielo.org.mx/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S2448-65312018000300313

SECRETARÍA DE CULTURA DE LA NACIÓN. Mercedes Sosa, historia de una cantora [en liña]. Gobierno de Argentina, Ministerio de Educación, Cultura, Ciencia y Tecnología, 3 de outubro de 2018 [consulta: 6 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.cultura.gob.ar/a-9-anos-de-su-partida-recordamos-a-mercedes-sosa_6606/

SERRANO, Sara. Silvio Rodríguez: «Fuimos lo que fuimos gracias a la Revolución cubana». Público. 6 de mayo de 2016 [consulta: 3 de diciembre de 2019] Disponible en: https://www.publico.es/culturas/silvio-rodriguez-gracias-revolucion-cubana.html

SERRANO, Sara. Silvio Rodríguez “fuimos lo que fuimos gracias a la revolución cubana”. Público.es [en liña], 12 de maio de 2016. [Consulta: 3 de decembro de 2019]. Dispoñible en: https://www.publico.es/culturas/silvio-rodriguez-gracias-revolucion-cubana.html

TELE SUR. Desembarco del Granma: «Seremos libres o seremos mártires», Tele Sur, 2 de diciembre de 2019 [consulta: 4 de diciembre de 2019] Disponible en: https://www.telesurtv.net/news/desembarco-yate-granma-cuba-dictadura-fidel-castro-20191130-0018.html

THIS IS CHILE [en liña]. Historia de Chile. This is Chile [consulta: 4 de decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.thisischile.cl/historia/

VENEZUELA. Constitución de 1864 [en liña]. Portal Iberoamericano de Derecho de la Cultura, 22 de abril de 1864 [consulta: 8 decembro 2019]. Dispoñible en: https://derechodelacultura.org/wp-content/uploads/2015/02/3_1_1_ven_cn_1864.pdf?view=download 

VENEZUELATUYA.COM [en liña]. Música: Alí Primera. Venezuela Tuya [consulta: 7 decembro 2019]. Dispoñible en: https://www.venezuelatuya.com/biografias/ali_primera.htm

ZURRON DEL APRENDIZ [en liña]. Biografía. [Consulta: 3 de decembro de 2019]. Dispoñible en: http://www.zurrondelaprendiz.com/biografia

Alí Primera

Ficha técnica do autor

Contexto

A República Bolivariana de Venezuela é un país latinoamericano cuxa capital é a cidade de Caracas, colonizado en 1566 polos españois e que acadou a independencia integral no ano 1930. É un Estado cunha paisaxe moi rica e diversa: selva amazónica, litoral caribeño, as inmesas chairas de Los Llanos, a riveira do río Orinoco e a zona norte da cordilleira dos Andes. Este é o país no que Alí Primera naceu e morreu. Para comprender mellor a este célebre venezolano, facemos un repaso da historia máis recente da súa Patria.

O século XX en Venezuela inaugúrase coa guerra civil coñecida como a Revolución Libertadora, que transcurríu entre 1901 e 1903, e na que unha coalición de caudillos apoiados por grandes empresas internacionais intentaron derroca-lo goberno do liberal Cipriano Castro, mais que finalmente fracasa. Continúa o executivo de Castro que levou a cabo políticas antiimperialistas -polas que incluso chegou Venezuela a sufrir un bloqueo marítimo por parte de Gran Bretaña e Alemaña-, até que o presidente enferma en 1908 e marcha ao estranxeiro para tratarse. Este momento é aproveitado polo vicepresidente Juan Vicente Gómez para dar un golpe de estado e converteuse en presidente.

Na década de 1910 descúbrese o petróleo e en menos de 20 anos Venezuela convértese no primeiro exportador mundial de petróleo. A economía do país medra incriblemente e incluso liquida a súa débeda, mais o único sector que se desenvolve é o petroleiro, polo que existía un moi elevado número de importacións. Ademais, este aumento de riqueza non repercutíu na vida das maiorías sociais, senón que principalmente foi acumulado polas elites nacionais. Este desequilibrio entre a industria petroleira e os demais sectores económicos venezolanos é unha problemática que estará presente ao longo da historia do país, coas problemáticas que ocasiona a falla de diversificación da economía.

Juan Vicente Gómez é o dictador de Venezuela até a súa morte en 1935. É sucedido polo Xeneral Eleazar López Contreras, quen un ano despois decreta a amnistía para os presos políticos (aínda que non todos foron liberados) e a liberdade de prensa. En 1941, o Congreso designou como presidente a outro militar, Isaías Medina Angarita. Neste período libéranse os presos políticos que aínda seguían na cadea, permitíuse o regreso dos exiliados, legalizáronse os partidos políticos e decretouse o sufraxio feminino.

O 18 de outubro de 1941, tan só 13 días antes do nacemento de Alí Primera, prodúcese un novo golpe de Estado contra o goberno de Medina Angarita por parte dunha coalición do partido político Acción Democrática e as Forzas Armadas, quen o domoniman como a ‘Revolución de Outubro’. Apróbase unha nova Constitución no ano 1947 e constitúese un ‘goberno democrático’ (Acción Democrática exercía un forte control sobre el). O período militar esténdese até a década dos sesenta.

No ano 1957 ten lugar un plebiscito que ratificaría o militar Marcos Pérez Jiménez como presidente de Venezuela outros 5 anos. Tivo lugar un evidente pucheirazo, que desencadeou moita estabilidade sociopolítica. As Forzas Armadas dividíronse e unha sección destas intentou dar un golpe de estado, sen éxito desta vez. Pouco despois produciuse unha nova rebelión, de carácter cívico-militar, que rematou co exilio do ditador. Nas eleccións democráticas celebradas no ano 1958 (das que foron excluídos algúns partidos, como por exemplo o Partido Comunista Venezolano, que non sería legalizado até o 1969) saíu escollido o xornalista Rómulo Bentancourt. Este sufriu un intento de asasinato mediante un atentado artellado polo ditador dominicano Rafael Trujillo, quen financiou un grupo venezolano de extremadereita.

Os axentes progresistas excluídos deste xogo democrático, organizáronse nas Forzas Armadas de Liberación Nacional, apoiadas polo Partido Comunista Venezolano e polo executivo cubano encabezado por Fidel Castro. Levaron a cabo intentos fallidos de revolucións, como o intento de invasión de Machurucuto no ano 1967, durante o mandato de Raúl Leoni.

Leoni presidente foi sucedido por Rafael Caldera no ano 1969, cando ten lugar a rebelión de Rupununi, que procuraba a independencia dese territorio no sur de Guayana. No ano 1973 acontece unha crise do petróleo provocado pola Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) da cal formaba parte Venezuela, e que supuxo un grandísimo aumento dos beneficios do sector petroleiro. 

En 1974 chegou á presidencia Carlos Andrés Pérez. Ao ano seguinte, nacionalizáronse as industrias do ferro e do petróleo. Sucedeuno na presidencia Luis Herrera, cuxo executivo tivo que devalua-lo prezo da moeda venezolana, o bolivar, no chamado Venres Negro, no ano 1979. 

Nestas sete décadas observamos dinámicas políticas de turnismo no poder por parte dos principais partidos e o contínuo control dos militares. Ademais, a economía era moi dependente do petróleo e dos vaivéns deste mercado internacional, así como un infradesenvolvemento do resto da industria. A riqueza xerada por este ouro negro recaía esencialmente nas familias propietarias da industria e a desigualdade social era acuciante. Esta situación deu lugar a unha inestabilidade política que no 1989 -catro anos despois do falecemento de Alí Primera- culminou no chamado Caracazo: manifestacións e disturbios na capital venezolana contra as medidas económicas do goberno de Carlos Andrés Pérez. Durante os nove días que duraron as protestas, a represión foi tal que, segundo fontes oficiais do goberno, o número de asasinados foi de 273, aínda que fontes extraoficiais falan de arredor de 3000 desaparecidos, ademais do descoñecido número de feridos. 

En febreiro e novembro de 1992 prodúcense dous intentos fallidos de golpe de estado. Desta vez non estaban planificados polas Forzas Armadas senón por Hugo Rafael Chávez Frías. Neste tenso momento, Pérez é destituído e, entre 1993 e 1994 Venezuela ten tres presidentes diferentes. O último destes foi Caldera, quen xa fora presidente anteriormente, que, antes a crise económica, iniciou unha serie de privatizacións. A economía lonxe de mellorar, continuou a decrecer e as maiorías sociais volvéronse aínda máis pobres. Nestas circunstancias, despois de que todo ardera, non podía ocorrer outra cousa que o florecemento da primavera: a Revolución Bolivariana.

No ano 1999, Chávez gaña as eleccións presidenciais e iníciase a Revolución Bolivariana, baixo a ideoloxía denominada “socialismo do século XXI”. Unha das principais medidas do goberno de Chávez foi nacionaliza-lo petróleo para financiar unha ampla serie de medidas sociais (alfabetización da poboación, vivenda…). Isto causou unha tensión na política nacional e internacional, resultando unha forte oposición das vellas elites venezolanas e de países capitalistas como os Estados Unidos. Houbo unha serie de protestas contra o goberno que levaron a un golpe de estado contra o goberno no 2002, que foi frustrado polo apoio popular que devolveu o poder a Chávez. Foi reelixido en tódalas citas electorais ás que se presentou, malia perder un referendo que promoveu para realizar unha reforma constitucional. Chávez morre no ano 2013, ano de crise financieira a nivel mundial que golpeou duramente na industria petroleira, provocando un decrecemento da economía. As seguintes eleccións presidencias foron gañadas polo seu sucesor á fronte do Partido Socialista Unificado de Venezuela, Nicolás Maduro Moros.

Biografía

Ely Rafael Primera Rossell naceu o 31 de outubro de 1941 na cidade de Coro, no Estado venezolano de Falcón. No seu entorno familiar era apodado “Alí” porque os seus avós eran de orixe árabe.

Cando tiña 3 anos de idade, o seu pai morreu nun tiroteo que tivo lugar durante o intento de fuga duns presos en Coro. Por este motivo, Alí múdase xunto coa súa familia á vila natal da súa nai, San José de Cocodite, onde viviron ata 1947. Os anos seguintes a familia seguiu desprazándose por diferentes pobos da península de Paraguaná, pasando por Caja de Agua e Las Piedras, e rematando no barrio de La Vela, coñecido hoxe en día como Sector Alí Primera, cando xa cumprira os 10 anos. É entón cando alí comeza a interesarse pola música, observando ao seu tío tocar o cuatro venezolano.

Nesta vila Alí viuse obrigado a desempeñar varios empregos debido á precaria situación económica da súa familia, como limpiabotas, vendedor ou incluso boxeador. Porén, continuou cos seus estudos.

En 1960 a súa familia volve trasladarse, esta vez a Caracas, onde Alí remata a súa educación no Liceo Caracas. En 1964 intégrase na Universidade Central de Venezuela, concretamente no grao en Química. Durante a súa vida universitaria comeza a militar no Partido Comunista de Venezuela e inicia a súa carreira como cantante e compositor, aínda que como afección nu primeiro momento.

En 1968 o Partido Comunista de Venezuela outórgalle unha bolsa de estudos para cursar Tecnoloxía do Petróleo en Romanía, o que fai que permaneza en Europa entre 1969 e 1973. Neste período traballaba de lavapratos e realizaba actuacións esporádicas. En 1969, Primera grava o seu primeiro disco, Gente de mi tierra, nun estudo alemán.

A música de Primera recolleu o sufrimento dun pobo moi pobre e vítima dunha profunda desigualdade social, polo que a sociedade venezolana se viu rapidamente identificada con ela. Porén, os medios de comunicación e o Goberno venezolano veta á súa música, acusándoo de radical, o que leva a Alí a fundar o seu propio selo discográfico, Cigarrón.

En Suecia coñece a Taria Osenius, con quen tería ás súas primeiras fillas, María Fernanda e María Ángela.

En novembro de 1973 regresa a Venezuela sen rematar os seus estudos, decidido a dedicarse por completo á música e á militancia política. En 1977 seu terceiro fillo, Jorge, coa súa parella sentimental Noelia Pérez. O mesmo ano, en Barquisimeto, coñece á súa segunda esposa Sol Mussett, tamén cantante, con quen tería catro fillos máis: Sandino, Servando, Florentino e Juan Simón.

En canto á súa militancia política, despois de militar no Partido Comunista de Venezuela participa na fundación do Movemento ao Socialismo (MAS), colaborando na primeira campaña electoral de José Vicente Rangel, en 1973. Daquela xa se convertera nun dos principais compositores e cantautores populares de Venezuela e de Latinoamérica. Dende 1973 e ata a súa morte gravou 13 discos de longa duración e participou en numerosos festivais en toda Latinoamérica.

Alí Primera morreu o 16 de febreiro de 1985, nun accidente automobilístico. A pesar da súa acta de defunción e de que os reportaxes da época certificaron esta causa da morte, moitos dos seus seguidores sostiveron e sosteñen que Alí foi vítima dun atentado orquestrado por inimigos políticos.

  • 31/10/1941: nace Ely Rafael Primera Rosell, na cidade de Coro.

  • 1944: morre o seu pai, polo que se muda a San José de Cocodite, ata 1947.

  • 1951: múdase ao barrio de La Vela, hoxe en día coñecido como o Sector Alí Primera.

  • 1960: trasládase finalmente a Caracas para continuar os seus estudos.

  • 1964: comeza os estudos de Química na Universidade Central de Venezuela.

  • 1968: o Partido Comunista de Venezuela outórgalle unha bolsa de estudos para cursar Tecnnoloxía do Petróleo en Romanía, a onde se traslada en 1969.

  • 1969: grava o seu primeiro disco, Gente de mi tierra, nun estudo alemán.

    Nun viaxe a Suecia coñece a Taria Osenius, con quen ten ás súas fillas María Fernanda e María Ángela.

  • 1973: regresa a Venezuela.

    Colabora na campaña electoral de José Vicente Rangel, do partido Movemento ao Socialismo, en cuxa fundación Alí participara.

  • 1976: mantén unha relación sentimental con Noelia Pérez.

  • 1977: ten ao seu fillo Jorge Primera Pérez.

    Coñece en Barquisimeto á súa segunda esposa, Sol Mussett, con quen tenaos seus fillos Sandino, Servando, Florentino e Juan Simón.

  • 16/2/1985: morre nun accidente de coche.

Velaquí algunhas das cancións máis recoñecidas do cantautor.

Explicamos unha canción:

A canción La guerra del petróleo inclúese no seu álbum La patria es el hombre, publicado en 1977. O disco componse de dez temas con textos críticos contra as elites sociais e económicas venezolanas, que foron rexeitados por importantes sectores da sociedade. Así, moitos deles estaban vetados nas principais radioemisoras do país.

En concreto, esta canción trata a disputa territorial entre Colombia e Venezuela sobre o golfo de Venezuela. Primera xa manifestara noutras ocasións o seu rexeitamento ás granes empresas petroleiras transnacionais, motivo polo que abandounou os seus estudos en Enxeñería do Petróleo na Universidade de Bucarest. Este tema é unha chamada antibelicista aos pobos colombiano e venezolano, que defende a unión panamericana, baseándose no papel de Simón Bolívar á hora de conseguir a independencia de ambas nacións.

Así mesmo, Primera rexeita os intereses estadounidenses sobre as reservas petrolíferas de toda Latinoamérica, entendendo que se verían beneficiados no caso de darse unha guerra entre ambos países.

Hoxe en día o conflito territorial segue vixente.

Violeta Parra

Feito por Laura García Vázquez

BIOGRAFÍA

Violeta del Carmen Parra Sandoval nada en San Carlos, Chillán en 1917 foi unha cantautora e folclorista chilena. Filla de Nicanor Parra e Clara Sandoval e irmá do poeta Nicanor Parra, realizou os seus primeiros estudos en Lautaro e en Chillán. En 1934 ingresou á Escola Normal, onde permaneceu menos dun ano. En 1938 casouse con Luis Cereceda, pai dos seus fillos Ángel e Isabel, que adoptarían o apelido da súa nai.

Dende pequena sentiu afección pola música e o folclore chilenos; o seu pai, profesor de escola primaria, foi un coñecido folclorista da rexión. Tras instalarse en Santiago de Chile, Violeta Parra comezou a actuar coa súa irmá Hilda, no “Dúo Hermanas Parra”. En 1942 gañou o primeiro premio nun concurso de canto español organizado no Teatro Baquedano, e a grazas a iso, foi contratada con frecuencia ata que partiu a Valparaíso, onde encontrou a súa verdadeira vocación.

Os seus viaxes por todo o país puxérona en contacto coa realidade social chilena, chea de desigualdades económicas. Violeta Parra adoptou unha postura política de militante de esquerdas que levouna a buscar as raíces da música popular. En 1952 recorreu os barrios máis pobres de Santiago de Chile, as comunidades mineiras e as explotacións agrarias, recollendo as cancións anónimas que despois repetiría en 1954, nunha serie de programas radiofónicos para Radio Chilena. En 1954 recibiu o premio Caupolicán; e ese mesmo ano contraeu matrimonio con Luis Arce. Do seu segundo matrimonio naceron Carmen Luisa e Rosa Clara. En 1953 coñeceu a Pablo Neruda.

A metade dos anos 50, realizou unha viaxe polos países da Europa socialista e de regreso, ao seu paso por Francia, tivo a oportunidade de gravar temas do folklore chileno para o catálogo do selo Le Chant Du Monde. En 1956, xa de regreso a Chile, gravou o primeiro álbum da colección “El folclore de Chile”, serie que garantiría a conservación de multitude de temas populares de autoría anónima. Foi designada directora do Museo de Arte Popular da Universidade de Concepción e retomou as súas actuacións en Radio Chilena.

Pasou os primeiros anos da década dos 60 en Europa. En 1964 tivo a oportunidade de organizar unha exposición individual da súa obra plástica no Museo do Louvre, a primeira realizada por un artista latinoamericano. Novamente en Santiago de Chile, xunto co seu irmán Nicanor Parra e os seus fillos maiores, animaron a «Peña de los Parra», un nome de resonancias lendarias na música popular de América Latina.

Ademais dunha artista excepcional, Violeta Parra foi unha investigadora do folclore chileno; a súa obra recompilada é inmensa e comprende numerosos xéneros, como tonadas, parabéns o panxoliñas. A súa labor de difusora da expresión do pobo campesiño fixo que volcárase en composicións musicais como “Casamientos de negros” (1955), “Yo canto la diferencia” (1961), “Una chilena en París” (1965), “Qué dirá el Santo Padre” (1965), “Rin del angelito” (1966), “Run run se fue pal Norte” (1966), “Volver a los diecisiete” (1966) y “Gracias a la vida” (1966), moitas das cales foron gravadas por destacados intérpretes, dende Víctor Jara ata Joan Baez. En “Verso por despedida a Gabriela” (1957) rendeu homenaxe á gran poetisa chilena Gabriela Mistral.

A súa creatividade levouna a cultivar a cerámica, a confección de tapices, a pintura e a poesía. Os dolores e as alegrías da súa vida alentan os versos de “A lo humano y a lo divino”. Desgraciadamente, como consecuencia dunha forte depresión, Violeta Parra rematou coa súa vida o 5 de febreiro de 1967, momentos antes de saír a un escenario en Santiago de Chile.

  • 1917: O 4 de outubro nace en San Carlos, Violeta del Carmen Parra Sandoval

  • 1927: Traslado da familia a Chillán. Durante ese período, Violeta comeza a tocar a guitarra e a cantar xunto aos seus irmáns Hilda, Eduardo y Roberto.

  • 1932: Por insistencia do seu irmán Nicanor, Violeta trasládase a Santiago de Chile para asistir á Escola Normal.

  • 1934: Violeta deixa os seus estudos para traballar cos seus irmáns. Os Parra cantan en “boliches” do barrio Mapocho. Interpretan boleros, rancheiras, corridos mexicanos e outros estilos.

  • 1938: Casa con Luis Alfonso Cereceda, ferroviario.

  • 1939: Nace a súa filla Isabel.

  • 1943: A familia trasládase a Valparaíso. Nace o seu fillo Ángel. Únese a unha compañía de teatro que realiza xiras por todo o país. Canta cancións españolas e faise chamar a Violeta de maio.

  • 1948: Sepárase de Luís Cereceda. Canta coa súa irmá Hilda. Xuntas fanse chamar “Las Hermanas Parra”.

  • 1950: Nace a súa filla Carmen Luisa.

  • 1952: Traballa en circos populares. Xunto aos seus fillos realiza xiras polo país e polos arredores de Santiago de Chile. Impulsado polo seu irmán Nicanor comeza a rescatar, recompilar e investigar a música folclórica chilena. Abandona o seu antigo repertorio e realiza recitais nas universidades presentada polo home de letras, Enrique Bello Cruz. Nace a súa filla Rosita Clara.

  • 1953: Compón as súas primeiras cancións baseadas nas formas folclóricas tradicionais. Grava dous singles para o selo Emi-Odeón, as que ubícanse no primeiro plano da popularidade.

  • 1954

    • • Viaxa por primeira vez a Europa invitada ao V Festival Mundial da Xuventude e os Estudantes, en Varsovia. Dende alí trasládase a París, onde residirá durante dous anos, realizando incontables presentacións e contactos para a difusión do seu traballo. Grava na Fonoteca Nacional do Musée de l’Homme de La Sorbonne. Alí deixa un “guitarrón” e cintas das súas recompilacións de folclore chileno.
    • • En Santiago de Chile morre a súa filla Rosa Clara.
  • 1957: Xa de regreso en Chile, trasládase ao sur cos seus fillos Carmen Luisa e Ángel, contratada pola Universidade de Concepción. Realiza investigacións folclóricas na zona, descubrindo as cuecas do sector.

  • 1958

    • • Funda o Museo Nacional da Arte Folclórica Chilena, da Universidade de Concepción. Aparecen os LP “La cueca…” e “La tonada presentada por Violeta Parra”, con carátulas dos pintores chilenos Julio Escámez e Nemesio Antúnez, respectivamente.
    • • Regresa a Santiago de Chile. Incursiona na cerámica, comeza a pintar e a bordar arpilleras. Constrúe a súa “Casa de palos” na rúa Segovia, en La Reina e ofrece recitais nos centros culturais máis importantes da capital. Viaxa ao norte a investigar e gravar a festa pagana-relixiosa de La Tirana. Compón música para o poema “Los burgueses”, de Gonzalo Rojas. Escribe as Décimas autobiográficas, que narra en versos a súa vida. Acompaña as primeiras gravacións da súa filla Isabel.
  • 1959

    • • Viaxa a recompilar o folclore da illa de Chiloé, no sur, onde organiza recitais, cursos de folclore, cerámica e pintura.
    • • Escribe o libro “Cantos folklóricos chilenos”, que reúne toda a súa labor de investigación, con fotografías de Sergio Larraín e partituras musicais de Gastón Soublette.
    • • Produto dunha severa hepatitis, a súa labor como arpillerista e pintora alcanza un gran desenvolvemento. Tanto así, que ese mesmo ano expón os seus óleos e arpilleras na Primeira Feira de Artes Plásticas ao aire libre no parque Forestal.
  • 1960

    • • Xira ao sur de Chile en xornadas folclóricas cos seus fillos Isabel e Ángel, o conxunto Cuncumén e Julio Alegría, encargado da xira.
    • • Coñece a Gilbert Favre, músico de orixe suízo.
  • 1961: Viaxa a Arxentina, onde imparte cursos de folclore, cerámica, pintura e arpilleras. En Bos Aires expón as súas pinturas, actúa para a televisión.

  • 1962: En xuño reúnese cos seus fillos en Bos Aires e embarcábanse xuntos a Europa, invitados ao Festival da Xuventude, en Finlandia. Viaxan pola Unión Soviética, Alemaña, Italia e Francia. Establécese en París. Los Parra de Chile ofrecen recitais en radio e televisión. Borda arpilleras e fai esculturas en arame. Vive con Gilbert Favre en Xenebra, onde ofrece recitais en teatros e estudos de televisión xunto aos seus fillos e neta. Expón a súa obra plástica. Reparte o seu tempo entre Francia e Suíza.

  • 1963: Grava en París composicións revolucionarias e campesiñas que aparecerán case unha década máis tarde no albume “Canciones reencontradas en París”.

  • 1964: En abril, Violeta expón as súas arpilleras, óleos e esculturas de alarme no Museo de Artes Decorativas, Pavillón Marsan do palacio do Louvre. É a primeira exposición individual dun artista hispanoamericano en dito museo.

  • 1965: Publícase en Francia o seu libro “Poésie populaire des Andes”. En Xenebra, a televisión suíza filma o documental “Violeta Parra, bordadora chilena”. Violeta retorna definitivamente a Chile en xuño. Canta cos seus fillos na “Peña de Los Parra” e publica por Odeón o LP “Recordando a Chile (Una chilena en París)” e un disco xunto a súa filla Isabel. É invitada á Feira Internacional de Santiago (FISA), onde instala unha peña folclórica. En decembro inaugura en La Cañada 7200, La Reina, un centro cultural chamado “La Carpa de La Reina”.

  • 1966

    • • Emi-Odeón edita o LP “Carpa de La Reina”, colaboración de Violeta e outros artistas, e o EP “El tocador afuerino” traballo instrumental para catro e quena, xunto a Gilbert Favre. Viaxa a Bolivia e preséntase con Gilbert Favre. Volve a Chile con grupos do altiplano que presenta na súa carpa, en televisión e na peña de Los Parra.
    • • Acompañada polos seus fillos e o uruguaio Alberto Zapicán grava o LP “Las últimas composiciones de Violeta Parra”.
  • 1967

    • • O 5 de febreiro morre na súa carpa de La Reina.
    • • Con posterioridade ao seu falecemento sucédense actos recordatorios de homenaxe a súa figura e a súa obra artística, tanto en Chile como no estranxeiro.

GRACIAS A LA VIDA

«Gracias a la vida» é o tema co que a artista abre o disco chamado “Las últimas composiciones”. Dende o punto de vista formal: a música está composta nun ton menor que, xunto ao acompañamento de charango e percusión, subliñan un carácter intimista e melancólico.

Cunha voz case espida, Violeta Parra introduce o motivo principal da peza: a frase do texto «Gracias a la vida que me ha dado tanto». O texto está estruturado nun total de seis estrofas, cada unha das cales conteñen cinco versos dodecasílabos, a excepción da última, que ten seis versos. Ao final, engade un verso solto no que repite «gracias a la vida, gracias a la vida». Cada estrofa volve sobre a mesma liña melódica e estrutura harmónica.

Aquelas cosas que a autora repasa como o sumario dos seus tesouros, son aquelas que pasan inadvertidas polo noso pensamento ou a nosa cultura. O que a vida deulle, déullelo dende o principio: ollos, oídos, sons e palabras, pes (a marcha, o camiño), corazón, a risa e os choros, estes dous últimos «material» do seu canto.

Todo este itinerario é o don mesmo da vida dende o nacemento, é a vida mesma, é o único que «temos» e que ten algún valor. Violeta non agradeceu polos logros da súa carreira. Tampouco agradeceu pola colección de atributos que a cultura dominante establece para determinar se unha vida é de éxito. Agradece, en cambio, o don de percibir, rexistrar e sentir, o don de vivir.

No subtexto do tema, agradece a todo aquel que permitiulle coñecer o amor, vivir o amor. Este vólvese a experiencia pola cal os sentidos adquiren sentido. A voz cantante afirma descubrir o mundo e relacionarse con el a través de aquilo que recibiu. Esa é a súa bendición: poder sentir ao outro, poder acollelo no seu seo.

Trátase ao mesmo tempo dun amor concreto, o seu home, o seu amado, e dun amor universal, que abraza todo o humano, a vida cotidiá en todas as súas formas, os pequenos detalles, a carga da historia. Por iso, ao final do texto, Violeta Parra rompe a ilusión do soliloquio e diríxese ao seu ouvinte: un ouvinte plural, colectivo.

Dun «ustedes» camiña hacia un «nos», «todos». Todos feitos canto, todos feitos do material da risa e dos choroa. Parece que a identidade de quen fala dilúese nunha masa universal, na memoria ancestral á que representa en lugar de a sí mesma.

A voz, para Violeta, é o punto de encontro onde toda a gracia coincide e fecunda, é o ritual onde todos atópanse, coas súas penas e alegrías. Ela da grazas por todo o que permitiulle esa voz, que herda á Terra en forma de pregaria e de canto.

No fondo de aquelas frases, hai unha tristeza que traspasa, como quen pretende recoller auga dun río empregando un pano. Aquelas tramas dos fíos, por tupidas que sexan, non poden evitar as gotas que, como choro, abren canais. Será cuestión de segundos para que aquela auga retida desapareza.

Así parece que foi Violeta, como auga dun río eterno retida artificialmente nestas peles porosas do humano, pero que, atopou o seu camiño para volver o cauce infinito da memoria ancestral, integrada ao noso ceo de inspiracións vitais.

Quizá Violeta preparaba a súa despedida, repasaba o inventario do vivido, sacaba as súas contas. Quizá pensaba que faltáballe encontrar algo ou, quizais, que xa o vivira todo, que todo o que a vida podíalle dar, xa dérallo.

O debate podería tornarse discusión bizantina. Certamente, no arte sempre hai un rastro da vida do artista, pero tamén moito de invención. ¿Falaría de sí mesma? ¿Falaría en nome de outro ao que prestou as súas palabras e a súa voz, coma se apenas recibira o ditado dun ente exterior a ela? ¿Sería acaso unha despedida?

Iso non o poderemos saber. Sabemos que Violeta quería para o mundo a esperanza, o agradecemento, a vida. Sabemos que Violeta tiña moitos motivos para agradecer, e sabemos tamén que a historia cultural de Latinoamérica non sería a mesma sen a voz e as palabras de Violeta Parra.

Gabino Palomares

Ficha Técnica:

Contexto histórico:

O século XX comeza coa Revolución Mexicana que busca incorporar un réxime máis progresista e unha modernización tanto dos medios produtivos coma da sociedade.

Do 1920 ao 2000, gobernaron os reformistas que saíron vitoriosos da Revolución ,co partido político que crearon e que dende os anos corenta leva o nome de Partido Revolucionario Institucional (PRI). Estes gobernos, convertéronse  pouco a pouco en conservadores, corruptos e opresores.

Ao rematar o S.XX, aínda que a clase media era máis numerosa, seguía existindo unha desigualdade abismal na poboación xa que había moitos pobres e poucos ricos. 

Entre 1940 e 1970, o país grazas á industrialización, ao auxe das exportacións e ás inversións estranxeiras experimentou unha época de crecemento e de despegue económico. Unha economía crecente con “relativa” paz social.

Non obstante, o 2 de Outubro de 1968 tivo lugar un dos episodios máis tráxicos da historia moderna mexicana, a chamada Matanza de Tlatelolco. O conservador Gustavo Díaz Ordaz controlaba todos os sectores do Estado, sindicatos, os medios de comunicación, o exército… todos agás aos estudantes que loitaban polas liberdades civís e en contra da política autoritaria do Estado.

Nesta manifestación, uns 400 estudantes  aproximadamente morreron trala represión das forzas de seguridade.

Ao mesmo tempo, o país dependía en gran medida do petróleo do golfo de México o que provocou a entrada da economía mexicana na crise do petróleo na década dos 80, os prezos mundiais disparáronse tan rápido coma caeron bruscamente despois. 

Os costes enerxéticos elevados, o déficit público e a inflación sumiron á Nación Mexicana nunha estrepitosa situación económica.

Neste momento, comeza o declive no PRI (Partido Revolucionario Institucional) dependendo cada vez máis e máis de tácticas represivas e fraudes para gañar as eleccións.

O punto álxido alcanzouse durante a presidencia de Carlos Salinas de Gortari (1988-1994) que gañou as eleccións despois de que un enigmático erro informático detivera o reconto de votos nunha fase decisiva.

Durante o seu mandato, o narcotráfico converteuse nun negocio cunha situación favorable pero o presidente loitou contra o tráfico ilegal de drogas conseguindo un dos grandes triunfos da súa candidatura que foi a captura de “ El Chapo Guzmán”  o capo do cártel de Sinaloa en 1993.

O maior logro político do seu mandato foi asinar o Tratado de Libre Comercio de América do Norte (TLCAN) en 1994, que provocou a estimulación das exportacións e da industria, pero non foi ben acollido entre os agricultores e pequenos comerciantes ameazados polas importacións dende EEU.

Neste mesmo ano, os zapatistas subleváronse no estado mexicano de Chiapas durante 12 días. Este levantamento foi dirixido polo grupo armado “Exército Zapatista da Liberación Nacional” demandando xustiza e reivindicando os dereitos dos pobos indíxenas de México e dos pobres.

Antes de finalizar o seu mandato, Salinas tomou medidas para liberalizar a economía dominada polo Estado e gastou todas as reservas de divisas do país o que provocou unha crise que herdou o seu sucesor, Ernesto Zedillo.

Unhas das primeiras medidas que levou a cabo Zedillo foi establecer un novo sistema electoral supervisado por independentes, provocando a derrota do seu propio partido nas eleccións presidenciais do 2000, que gañou Vicente Fox do Partido Acción Nacional ( PAN).

O Goberno do Partido Acción Nacional (PAN)

Fox asumiu o cargo con gran ilusión, non obstante,a súa  presidencia foi decepcionante para moitos. Ao non ter maioría no Congreso, foi incapaz segundo declarou de aprobar reformas que  dende o seu punto de vista eran claves para sacar ao país do estancamento económico. 

No 2006, é o turno do sucesor de Fox, Felipe Calderón, tamén pertencente ao Partido Acción Nacional. Trala recesión económica sufrida no 2009, a economía recuperouse rapidamente e o país mexicano converteuse nun modelo medioambiental mundial grazas aos obxectivos de emisións de carbono para o 2012 fixados por lei.

A pesar de estes dous grandes logros, Calderón é máis recordado pola súa guerra contra o narcotráfico.

A guerra contra as drogas, unha constante na historia contemporánea mexicana

Os presidentes Zedillo e Fox foron os máis implicados na guerra para frear o narcotráfico. Ambos despregaron ao exército para evitar o envío de drogas a EEUU, mais non puideron evitar a violencia das loitas internas entre as diferentes bandas rivais.

2012 ata actualidade

No ano 2012 volve ao poder o Partido Revolucionario Institucional (PRI) como presidente Enrique Peña Nieto, cuxo obxectivo principal foi mellorar a economía do país e a súa posición a nivel internacional.

No 2014, aínda presidente Peña Nieto, 43 estudantes  de orixe revolucionario desapareceron a mans duns policías corruptos e suponse que foron asasinados polo cártel “Guerreros Unidos”. 

Na actualidade, o presidente de México é Andrés Manuel López Obrador do Movemento de Rexeneración Nacional que tomou posesión o 1 de Decembro de 2018. Unha dos aspectos máis destacados do seu programa político é o plan anticorrupción no que destaca a loita por eliminar o roubo de combustible das tuberías de Pemex, a compañía petroleira estatal.

O país atópase nunha complicada situación económica ao caer  nunha recesión no primeiro semestre deste ano, pese a isto a administración de López Obrador confía nunha rápida recuperación con medidas que prevén que mellorarán a situación actual.

Biografía:

Gabino Palomares Gómez (26 de maio de 1950 – …) , máis coñecido como Gabino Palomares, é un cantautor e activista mexicano. A súa faceta reivindicativa e musical, reflíctense no seu papel dentro do movemento de Nueva Canción Internacional, un movemento musical seguido en América e España nado en 1960 onde canción e reivindicación social ían da man. Deste xeito, destácase non só dentro da composición musical no seu país, senón que o fai nunha liña clara: a da canción de contido político e social (aínda que tamén amoroso), no cal se destaca por ser unha das grandes figuras dentro do seu país (xunto a outras, como Amparo Ochoa) e tamén nese movemento que vai máis alén do Atlántico.

Nado en Comonfort, un dos concellos pertencentes ó Estado de Guanajuanto de México. O seu primeiro contacto coa canción reivindicativa chega xa na súa época de estudante. Palomares, desprazouse ao Estado de San Luis de Potosí para estudar  Enxeñería Química na Universidade Autónoma de devandito Estado. Deste xeito, en 1972 comeza a despuntar nos Festivais que se celebran na universidade.

Xa en 1975, desprázase a Cidade de México. Alí comeza a cantar non só en universidades, onde xa triunfara co público anteriormente, senón tamén en bares, prazas… Pero destas actuacións, debemos destacar as que leva a cabo en: El mesón de la Guittara e en La peña Tecuicanime, xa que é nestes lugares onde coincide con outros dous dos grandes expoñentes do movemento de Nueva Canción, como son Amparo Ochoa e o Chava (Salvador Flores). Con eles non comparte só escenario e reivindicación, senón que a través da música reivindicativa constrúen tamén unha forte amizade. Ademais, ao longo da carreira musical destes fan algunha que outra creación conxunta,  algunhas tan recentes como as que atopamos no álbum Gambino Palomares interpreta a Chava Flores, de 2010.

Gambino Palomares consigue afianzarse como unha das caras máis coñecidas e respetadas do mundo da canción e como figura a seguir dentro de Canto Nuevo, un recoñecemento que non lle dá fama só dentro das fronteiras de México senón que o eleva a un recoñecemento internacional.

A publicación do seu primeiro disco chega en 1978: La maldición de Malinche. Neste disco, atopamos xa cancións que se constitúen como símbolos e hinos do movemento mexicano: a do propio nome do disco «La maldición de Malinche» ou «A letanía dos poderosos». Algúns musicólogos, como a británica Jan Fairley, consideran á primeira como «unha das cancións máis importantes de América Latina».

Nese mesmo ano, pero xa a finais, concretamente o 6 de novembro; Gabino Palomares fai unha aparición multifacética: como cantante, compositor e tamén actor na obra de teatro do actor, produtor e dramaturgo mexicano Felipe Santander: El extensionista. Precisamente, desa obra colle o nome e creará outro dos seus álbumes. Publica pois, en 1980 Fabricando la luz, que é o seu segundo disco,  en 1984 Hace como un año e en 1985 El extensionista. Despois destes, publica aínda 9 discos máis, o último en 2010, o xa comentado Gabino Palomares interpreta a Chava Flores, editado por Ediciones Pentagrama, mesma editora dos seus últimos 5 discos.

 A partir de 1980 é cando a carreira de Gabino Palomares dá o salto definitivo ó panorama internacional. Actúa en cuba, EEUU, Canadá, República Dominicana, Alemaña, Venezuela… e xa non nos pequenos escenarios que o viron medrar, senón en grandes auditorios como o Auditorio Nacional de México.

Á vez que medraba musicalmente, facíao tamén a súa faceta reivindicativa. Deste xeito, en 1982 consigue ser escollido como o Secretario General del Comité Internacional de la Nueva Canción, posto que manterá ata 1988.

Como xa dixemos, durante os 80, 90 e mesmo 00 continúa publicando discos:

DISCOGRAFÍA DE GABINO PALOMARES por orde cronolóxica:

–          La maldición de Malinche editado por Discos Pueblo (1978).

–          Fabricando la luz editado por Discos Pueblo (1980).

–          Hace como un año editado por Discos Pueblo (1984).

–          El extensionista editado por Discos Plan Joven del CREA (1985).

–          No te creo nada editado por BMG Ariola (1987).

–          ¿Qué vamos a hacer? editado por BMG Ariola (1989).

–          Septiembre: Canciones contra la guerra editado por Ediciones Pentagrama (1991).

–          Analogía 1 editado por Discos Pueblo (1997).

–          Analogía 2 editado por Ediciones Pentagrama (1997).

–          Historia cotidiana editado por Ediciones Pentagrama (2000).

–          Salimos editado por Ediciones Pentragrama (2006).

–          México a través de su canto editado por Ediciones Pentagrama (2010).

–          Gabino Palomares interpreta a Chava Flores editado por Ediciones Pentagrama (2010).

Cabe destacar que o seu álbum de 1991: Septiembre: Canciones contra la guerra, é a resposta do autor á invasión dos EEUU a Irak que estaba a acontecer por aquel entón. Posteriormente a este disco, as súas cancións inclúen xa non só reivindicacións, senón que son tamén dedicacións persoais a outros persoeiros do seu movemento, como Amparo Ochoa en «Hermosísimo Lucero».

Xa no 2012, cumpríndose o 40º aniversario da súa carreira como cantautor, celebrouse un concerto homenaxe no Teatro de la Ciudad Esperanza Iris ou no Auditorio Nacional de México en 2013, cando deu un concerto xunto a outros grupos latinoamericanos como Los Folkloristas ou o cantautor Daniel Viglietti.

  • 26 de maio de 1950. Nacemento de Gabino Palomares

    Gabino Palomares nace na cidade de Comonfort, Estado de Guanajuato (México)

  • 1960’s: Movemento Nueva Canción Internacional

  • 1972: Comeza a estudar Enxeñaría Química.

    Ó desprazarse a estudar Enxeñaría Química á Facutade, comeza tamén a presentar a súa música reivindicativa no eido dos Festivais da Universidade, prazas, cafés…

  • 1975: Coñece a outros expoñentes do movemento.

    En 1975, cantando en bares, cafés, prazas… Coincide con outras caras recoñecidas do movemento, como Amapro Ochoa ou o Chava. Con eles non só comparte temática musical, senón que entablan tamén unha forte amizade.

  • 1978: La maldición de Malinche

    En 1978 publica o seu primeiro disco que é, ademais, a súa canción máis famosa. Pero non só iso, este tema érguese como unha das grandes obras do movemento musical Canto Nuevo a nivel internacional.

  • 1980’s: Salto definitivo ó panorama internacional

    Podemos dicr que a década dos 80 é cando Gabino Palomares consigue dar o salto definitivo e afianzador ó panorama internacional. Deste xeito, actúa xa en auditorios de recoñecido prestixio.

  • 1982-1988: É nomeado Secretario Xeral do Comité Internacional de Nueva Canción

  • 2010: Publicación do seu último disco: Gabino Palomares interpreta a Chava Flores

  • 2012: Homenaxe ós 40 anos de traxectoria

    En 2012, coincidindo co 40º aniversario de carreira musical de Gabino Palomares, celebrouse un concerto homenaxe no Teatro de la Ciudad Esperanza Iris

LA MALDICIÓN DE MALINCHE

A coñecida como La Malinche, foi unha muller que sen dúbida, se ergue como muller chave no desenvolvemento da conquista europea (española no caso de México) de América.

La Malinche era unha princesa náhuatl, é dicir, a princesa dun dos territorios que formaba México antes de que este mesmo recibise tal nome. Entre as batallas de conquista libradas polos españois, estaba a de Centla. A mediados de marzo de 1519, Hernán Cortés capitaneando as tropas españolas gañaron esa batalla e, como de costume, esixiron tributo ó pobo indíxena conquistado: Tabasco neste caso, que entregou como recomensa 20 escravas. É entón cando aparece La Malinche, unha das escravas que despois se convertiría na concubina de Hernán Cortés, con quen ademais tivo un fillo: Martín.

La Malinche chegou incluso a salvar a Hernán Cortés dunha emboscada que lle tenderán os cholutecas. Pero polo que destacou e pasou a historia esta muller foi por exercer como tradutora. Ela, que para os españois era coñecida como Doña Marina, que falaba náhuatl (o idioma nativo), aprendeu tamén maya e español.

Deste xeito, Hernán Cortés non só tiña unha concubina, senón unha tradutora trilingüe, que lle permitía coñecer que era o que falaban os indíxenas, podes comunicarse con eles: crear alianzas ou aproveitarse das súas deficiencias; segundo fora máis proveitoso para os intereses dos hispanos.

É por iso, polo que en México, La Malinche é considerada como unha traidora. Esta consideración é de tal importancia que non só dá título a unha das cancións máis coñecidas de Gabino Palomares, senón que arredor dela creouse tamén etimoloxía: en México, chamarlle a alguén «malinchista», é acusalo de desprezar o propio en favor do alleo.

Por iso, tamén Gabino Palomares na letra da canción fai fincapé nese autoodio da etnia mexicana ante a invasión estranxeira, que se ergue como “mellor” e que someteu a un pobo a unha cultura allea por entender que só a nosa é a válida. Un canto, como vemos, a liberdade dos pobos e da cultura, fronte ó sometemento que adoitan facer aqueles que contan, tan só, coa superioridade física.

«Maldición de Malinche, enfermedad del presente. ¿Cuándo dejarás mi tierra? ¿Cuándo harás libre a mi gente?»

– La Maldición de Malinche, Gabino Palomares

Escoita a Gabino Palomares!

Quedaches con ganas de coñecer a Gabino Palomares? Nós non podemos presentarcho… pero que mellor maneira de coñecelo que a través  da súa música?

Nós recomendámosche:

–          La maldición de Malinche

–          La letanía de los poderosos

–          La patria

Pero a verdade é que seleccionar só algunhas delas sería coartar a arte… Por iso, velaquí queda unha playlist do autor. Premede, descubride e desfrutade de Gabino Palomares:

A canción protesta latinoamericana

Latinoamérica viviu un século XX moi controvertido e conflitivo. Países como Chile, Cuba, Arxentina, Venezuela e Mexico viviron ditaduras e revolucións que marcaron a súa historia. E un relfexo desta historia apareceu na arte, concretamente na música.

Este traballo optativo analizará o contexto político e social destes cinco países, e a biografía dun cantautor que dedicase a súa carreira musical ou parte dela a narrar as convulsas historias do seu país. Estudaremos aos seguintes artistas, tratando tamén como influíu a historia na súa obra e como a súa obra influíu na historia.

Por último, nesta ligazón podes consultar a bibliografía que empregamos para a realización traballo.

Para amenizar a lectura e ambientar as revolucións, deixámosvos esta playlist con cancións de todos os cantautores. Pulsade na lista e disfrutade da música de protesta máis famosa.

Bibliografía emigración e inmigración

A continuación, o listado de fontes que utilizamos para o traballo sobre emigración e inmigración:

ABC. La tasa de paro en Galicia desciende al 11,33%, la más baja desde 2008. ABC [en liña], 25 de xullo de 2019 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.abc.es/espana/galicia/abci-tasa-paro-galicia-desciende-1133-por-ciento-mas-baja-desde-2008-201907251243_noticia.html

ARNÁIZ, Ángel. Portugal, Rumanía y Brasil, origen de la mayoría de inmigrantes. elCorreoGallego.es [en liña], 4 de xaneiro de 2019 [consulta: 25 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/portugal-rumania-brasil-origen-mayoria-inmigrantes/idEdicion-2019-01-04/idNoticia-1157346

BARREIRO GIL, Jaime. Galicia, tierra de inmigración. El País [en liña], 16 de abril de 2007 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://elpais.com/diario/2007/04/16/galicia/1176718694_850215.html

BEIRAS, Manuel. O atraso económico de Galicia. Galiza: Editorial Galaxia, 1972. 

CAMPOS ÁLVAREZ, José Ramón. La emigración gallega a América (1800-1930) integración y retorno. MINIUS, II- III, 1993 – 1994, pp. 133 – 145 [consulta: 18 novembro 2019]. Dispoñible en: http://minius.webs.uvigo.es/docs/2-3/art09.pdf

CAMPOS ÁLVAREZ, José Ramón. La emigración gallega a América (1880-1930) integración y retorno. Minius (Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía), Vigo (Universidade de Vigo), 1993-1994, pps. 133-148 [consulta: 23 novembro 2019]. Dispoñible en: http://minius.webs.uvigo.es/docs/2-3/art09.pdf

CONSEJO ECONÓMICO Y SOCIAL. La inmigración en España: efectos y oportunidades [consulta: 22 novembro 2019]. Dispoñible en: http://www.ces.es/documents/10180/5209150/Inf0219.pdf 

CONSELLERÍA DE FACENDA. Diagnóstico de Situación Socioeconómica e Territorial de Galicia [en liña]. Xunta de Galicia, 18 de marzo de 2014 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/1347376/Diagnostico-Socieconomico-Galicia-cas.pdf/c575bd62-4f68-40d5-a62e-1b8bb493804a

DATOSMACRO.COM. PIB de España – Producto Interior Bruto [en liña]. Expansión / Datosmacro.com [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://datosmacro.expansion.com/pib/espana 

DATOSMACRO.COM. PIB de Galicia [en liña]. Expansión / Datosmacro.com [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://datosmacro.expansion.com/pib/espana-comunidades-autonomas/galicia

EL CORREO GALLEGO. ¿A dónde emigran los gallegos? elCorreoGallego.es [en liña], 31 de agosto de 2019 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/donde-emigran-gallegosa/idEdicion-2019-08-31/idNoticia-1200667

ESPAÑA. DECRETO 66/2014, de 23 de mayo, por el que se regula el reconocimiento y revocación de la condición de comunidad gallega y de centro colaborador de la galleguidad, el Registro de la Galleguidad y su funcionamiento. Diario Oficial de Galicia, 11 de junio del 2014, núm 110, pág. 26251 [consulta: 21 novembro 2019]. Dispoñible en: https://emigracion.xunta.gal/files/normativa/2014/06/23036-decreto-66-2014-del-23-mayo.pdf

ESPAÑA. LEY 7/2013, de 13 de junio, de la galleguidad. Diario Oficial de Galicia, 4 de julio del 2013, núm 126, pág. 26567 [consulta: 21 novembro 2019]. Dispoñible en: https://emigracion.xunta.gal/files/normativa/2014/01/21855-ley-7-2013-13-junio-la-galleguidad.pdf

ESPAÑA. Ley Orgánica 4/2000, de 11 de enero, sobre derechos y libertades de los extranjeros en España y su integración social. Boletín Oficial del Estado, 12 de Enero del 2000, núm 10, pp. 1139-1151  [consulta: 22 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.boe.es/buscar/pdf/2000/BOE-A-2000-544-consolidado.pdf

EUROPA PRESS. La Seguridad Social gana 1.197 afiliados extranjeros en julio en Galicia, hasta 39.759. La Opinión de A Coruña, 20 de agosto de 2019 [consulta: 22 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.laopinioncoruna.es/economia/2019/08/20/seguridad-social-gana-1197-afiliados/1428607.html

EUROPA PRESS. Radiografía al estereotipo de “gallego”. Faro de Vigo [en liña], 8 de abril de 2009 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.farodevigo.es/portada/2009/04/08/radiografia-estereotipo-gallego/314977.html

FARÍAS, Ruy. Viejos estereotipos y nuevos discursos: la visión de Galicia y de los gallegos en una fracción de la élite galaicoporteña a mediados de la década de 1940. Revista Madrygal, 2010, 13, pp. 51-61 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://core.ac.uk/download/pdf/38838965.pdf 

FARO DE VIGO. [en liña]. La Xunta dará ayudas de mil euros por hijo a los retornados que regresen a Galicia. Faro de Vigo. 13 de decembro de 2018 [consulta: 24 de novembro]. Dispoñible en: https://www.farodevigo.es/galicia/2018/12/13/xunta-dara-ayudas-mil-euros/2015592.html

FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS [en liña]. Ayudas y subvenciones. Portal de la inmigración, 17 de xuño de 2019 [consulta: 24 novembro 2019]. Dispoñible en: http://inmigraciongalicia.org/es/seccion.asp?sec=3&subsec=44

FERROL, Manuel. Emigración (1957) [imaxe dixital]. A Coruña: Porto da Coruña [consulta: 25 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.manuelferrol.com/images/emigracion/Manuel-Ferrol-Emigracion.jpg 

GALICIA. Orde, 6 de agosto de 2019, de bases que regirán la concesión de subvenciones a corporaciones locales para programas de emergencia social y la inclusión social de la población gitana, inmigrante y otras personas en riesgo de exclusión, y se procede a su convocatoria para los años 2019 a 2021. Diario Oficial de Galicia, 21 de agosto de 2019, nº 157, pp. 37080-37152. [consulta: 24 novembro 2019. Dispoñible en: https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/axudas/orde_6-8-2019_cas.pdf

GALICIA ABERTA. Galicia, una comunidad que crece de la mano de los inmigrantes [en liña]. Xunta de Galicia [consulta: 25 novembro 2019]. Dispoñible en: https://emigracion.xunta.gal/es/actualidad/reportaje/galicia-comunidad-crece-la-mano-la-inmigracion 

GONTADE, Mario. Los gallegos emigran desde el siglo XVIII tanto a Europa como a América. Mundiario, 13 de abril de 2017 [consulta: 18 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.mundiario.com/articulo/cultura/gallegos-emigran-siglo-xviii-tanto-europa-america/20170413025111085631.html

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA. Definicións. Movementos Migratorios. IGE [consulta: 18 novembro 2019]. Dispoñible en:  https://www.ige.eu/igebdt/esq.jsp?idioma=ga&paxina=000&c=0201003&ruta=definiciones/defcod.jsp?C=02010030000000

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA. Emigracións, Inmigracións e Saldo Migratorio. Ano 2018 [en liña]. INE, 30 de agosto de 2018 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?paxina=001&c=0201003&ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=1254&R=1%5B0:1:2:3:4:5:6:7:8%5D&C=9912%5Ball%5D&F=T%5B1:0%5D&S=#

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA. Poboación segundo sexo e idade 2018. INE, 2019 [consulta: 18 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verTabla.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=590&R=9912[12];2[2018];0[0]&C=1[0]&F=&S=&SCF=

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA [en liña]. Movementos migratorios [consulta: 24 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201003

INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA. Población extranjera por comunidades, edad (3 grupos de edad), Españoles/Extranjeros, Sexo y Año 2018 [en liña]. INEbase, 2019 [consulta: 18 novembro 2019]. Dispoñible en:   https://www.ine.es/jaxi/Datos.htm?path=/t20/e245/p08/l0/&file=02001.px

INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA. Población extranjera por Nacionalidad, comunidades, Sexo y Año 2018 [en liña]. INEbase, 2019 [consulta: 18 novembro 2019]. Dispoñible en:  https://www.ine.es/jaxi/Datos.htm?path=/t20/e245/p08/l0/&file=02005.px

INSTITUTO NACIONAL DE TECNOLOGÍAS EDUCATIVAS Y DE FORMACIÓN DEL PROFESORADO. Las consecuencias de la inmigración [en liña]. INTEF [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: http://sauce.pntic.mec.es/~jotero/Inmigra/consecu.htm 

LA OPINIÓN DE A CORUÑA. El país del millón de emigrantes. La Opinión de A Coruña [en liña], 10 de agosto de 2008 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2008/08/10/pais-millon-emigrantes/212689.html

LOIA.ORG. Historia: El papel de la emigración. Consello da Cultura Galega na Rede [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: http://consellodacultura.gal/cdsg/loia/historia.php?idioma=3&id=93

MALHEIRO GUTIÉRREZ, Xosé Manuel. El fenómeno migratorio en Galicia: del obrero emigrante al ciudadano acogedor…¿Lecciones aprendidas? Revista Migraciones (sección Estudios), 2012, 31, pp. 155-178 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://revistas.comillas.edu/index.php/revistamigraciones/article/download/925/783

MINISTERIO DEL INTERIOR [en liña]. Estancia y residencia. [Consulta: 25 novembro 2019]. Dispoñible en: http://www.interior.gob.es/gl/web/servicios-al-ciudadano/extranjeria/ciudadanos-de-la-union-europea/estancia-y-residencia

MINISTERIO DEL INTERIOR [en liña]. Solicitud del Estatuto de Apátrida en España. [Consulta: 23 novembro 2019]. Dispoñible en: http://www.interior.gob.es/documents/642012/10027169/Formulario_solicitud_apatrida_rellenable.pdf/5f378d8e-59c1-408a-aea5-64bcd4ce39b8 

MOLEDO, Alexandra. Galicia perdería un millar de vecinos más al mes sin la llegada de inmigrantes. La Opinión de A Coruña [en liña], 26 de xuño de 2019 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2019/06/26/galicia-perderia-millar-vecinosmas-mes/1414633.html 

MONTIGLIO, Daniel. 14 Razones De Por Qué Las Personas Emigran. En Foreigner. BG [consulta: 18 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.foreigner.bg/14-razones-de-por-que-las-personas-emigran/

MUNDIARIO. Los gallegos emigran desde el siglo XVIII, tanto a Europa como a América. Mundiario [en liña], 13 de abril de 2017 [consulta: 26 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.mundiario.com/articulo/cultura/gallegos-emigran-siglo-xviii-tanto-europa-america/20170413025111085631.html

NÚÑEZ, Verónica. El empleo se activa entre los extranjeros en una comunidad que atrae a pocos. Diario de Pontevedra [en liña], 29 de maio de 2018 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.diariodepontevedra.es/articulo/economia/empleo-activa-extranjeros-comunidad-atrae-pocos/20180529201847983231.html

OTERO OCHAÍTA, Josefa. Emigración. Los años sesenta. En INTEF: Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación de Profesorado [consulta: 18 novembro 2019]. Dispoñible en: http://sauce.pntic.mec.es/jotero/Emigra3/regiones.htm

P., C. La inmigración aporta 12.391 nuevos habitantes a Galicia. La Voz de Galicia [en liña], 27 de xullo de 2019 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/06/27/inmigracion-aporta-12391-nuevos-habitantes-galicia/00031561650785487693875.htm#

PAÍS, El. Diecisiete razones para emigrar. El País Dixital, 16 de setembro de 2002 [consulta: 18 novembro 2019]. Dispoñible en: https://elpais.com/diario/2002/09/16/espana/1032127209_850215.html

PATO, Silvia. Casas indianas: nueve lugares para descubrir el pasado emigrante de Galicia. La voz de Galicia [en liña], outubro de 2019 [consulta: 25 de novembro de 2019]. Dispoñible en: https://viajes.lavozdegalicia.es/noticia/viajes-galicia/2018/07/05/casas-indianas-nueve-lugares-descubrir-pasado-emigrante-galicia/00031530799347761181815.htm

PÉREZ, Marcos. La tercera emigración gallega: se marchan los más jóvenes y mejor formados. eldiario.es, 3 de decembro de 2012 [consulta: 23 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.eldiario.es/galicia/tercera-emigracion-marchan-jovenes-formados_0_203330356.html

PÉREZ CASTRO, Ruth. La pesadilla de la emigración: historia de mi familia [en liña]. [Consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://xornadede.wordpress.com/wp-content/uploads/2019/12/85b54-lapesadilladelaemigracic3b3nhistoriademifamilia.pdf

PORTAL DE LA INMIGRACIÓN [en liña]. Federación galega de municipios e provincias  [consulta: 24 novembro 2019]. Dispoñible en:  http://inmigraciongalicia.org/es/default.asp

PUNZÓN, Carlos. La segunda mayor llegada de extranjeros rebaja la caída poblacional de Galicia. La Voz de Galicia [en liña], 23 de setembro de 2019 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2019/08/30/inmigracion-frena-perdida-poblacion-galicia-llegaron-12391-personas-fueron/00031567154678489123870.htm

RODRÍGUEZ, Manolo. Casi 50.000 jóvenes dejaron Galicia en la última década para irse al extranjero. Faro de Vigo, 6 de xaneiro de 2019 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.farodevigo.es/galicia/2019/01/06/50000-jovenes-dejaron-galicia-ultima/2028057.html

SALAS AUSÉNS, José Antonio. Inmigrantes en una tierra de emigración: extranjeros en Galicia en la segunda mitad del siglo XVIII. Obradoiro de Historia Moderna, Xaneiro de 2004 [consulta: 25 de novembro de 2019]. Disponible en: http://www.usc.es/revistas/index.php/ohm/article/view/567 

SECRETARÍA DE ESTADO DE MIGRACIONES. [en línea] Ministerio de Trabajo, Migraciones y seguridad social [consulta: 22 de Noviembre]. Disponible en: http://www.mitramiss.gob.es/es/sec_emi/index.htm 

SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN [en liña]. El proyecto «As Escolas da Emigración» trata de recuperar el legado educativo de la emigración gallega. GaliciaAberta [consulta: 23 de novembro 2019]. Dispoñible en: https://emigracion.xunta.gal/es/actualidad/noticia/proyecto-escolas-emigracion-trata-recuperar-legado-educativo-la-emigracion

SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN [en liña]. Estrategia Retorna 2020. GaliciaAberta, 2018 [consulta: 23 de novembro 2019]. Dispoñible en: https://emigracion.xunta.gal/es/estrategia-retorna-2020

SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN [en liña]. Estratexia Retorna 2020. GaliciaAberta [consulta: 24 novembro 2019]. Dispoñible en: https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna

SUÁREZ, Alba. A Coruña lidera el crecimiento en empleo extranjero, con un alza anual del 10%. La Opinión de A Coruña [en liña], 24 de setembro de 2019 [consulta: 27 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.laopinioncoruna.es/economia/2019/09/25/coruna-lidera-crecimiento-empleo-extranjero/1438112.html

XUNTA DE GALICIA [en liña]. Convenios bilaterales en materia de Seguridad Social firmados por España con otros países. Secretaría xeral da Emigración [consulta: 21 novembro 2019]. Dispoñible en: https://emigracion.xunta.gal/es/la-secretaria/normativa/convenios-bilaterales-materia-seguridad-social-firmados-espana-otros-paises

XUNTA DE GALICIA [en liña].Convenios de doble nacionalidad firmados por España con otros países. Secretaría xeral da Emigración [consulta: 21 novembro 2019]. Dispoñible en: https://emigracion.xunta.gal/es/la-secretaria/normativa/convenios-doble-nacionalidad-firmados-espana-otros-paises

XUNTA DE GALICIA [en liña]. Convenios sobre flujos migratorios laborales firmados por España con otros países. Secretaría xeral da Emigración [consulta: 21 novembro 2019]. Dispoñible en: https://emigracion.xunta.gal/es/la-secretaria/normativa/convenios-sobre-flujos-migratorios-laborales-firmados-espana-otros-paises

XUNTA DE GALICIA  [en liña]. Galicia, unha comunidade que crece da man da inmigración  [consulta: 24 novembro 2019]. Dispoñible en: https://emigracion.xunta.gal/es/actualidad/reportaje/galicia-comunidad-crece-la-mano-la-inmigracion

XUNTA DE GALICIA [en liña]. La Xunta en el exterior. Secretaría xeral da Emigración. [consulta: 21 novembro 2019]. Dispoñible en:  https://emigracion.xunta.gal/es/a-xunta-no-exterior

ZUIL, María. «Somos funcionarios y estamos hartos de oír que los inmigrantes tienen más ayudas». El Confidencial, 4 de marzo de 2019 [consulta: 24 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.elconfidencial.com/espana/2019-03-04/funcionarios-ayudas-inmigrantes-mentira-hartos_1857782/

As leis na inmigración

Aldara Diéguez Couñago

En España, os inmigrantes gozan dos mesmos dereitos e liberdades que os españois, así como as mesmas responsabilidades, de acordo co Artículo 3.1 da Ley orgánica 4/2000.

Para entrar en España, é preciso un visado, agás cando existan razóns excepcionais de índole humanitaria, interés público ou cumplimento de compromisos adquiridos por España. (Artículo 23.4, LO 4/2000). Poden ser expulsados de España os extranxeiros expulsados do seu propio país, de países cos que España asinara convenio en tal sentido ou os que non cumplan os requisitos (documentación, visado, etc) (Art. 24).

Para adquirir o visado, o extranxeiro debe recurrir a un consulado ou embaixada española. Se o extranxeiro xa está en España e cumple cos requisitos de residencia, poderase eximir do visado ao inmigrante excepcionalmente, só por motivos humanitarios (Art. 25.1)

Hai diferentes tipos de estadías no noso territorio. A estancia é inferior a 90 días, prorrogable outros 90. A residencia temporal é superior a 90 días e inferior a 5 anos. Por último, está a residencia permanente, que se solicita unha vez pasados os 5 anos de estancia temporal, e habilita ao extranxeiro a levar unha vida nas mesmas condicións que os españois.

O Estado pode expulsar do país a aqueles inmigrantes que excedan os permisos de estancia e residencia temporal sen solicitar o seguinte tipo de estadía.

Apátridas, refuxiados e menores.

O Estado está aberto a aceptar apátridas e refuxiados, e no primeiro caso a darlles tarxetas de documentación conforme ao Estatuto do Apátrida.

Para iso, débese presentar unha solicitude na Oficina de Asilo y Refugio, en comisarías de Policía ou en Oficinas de Extranxeiría. Os apátridas son preguntados, en dita solicitude, pola súa relixión, grupo étnico, idioma materno e os motivos polos que solicita entrar no país.

O Estado cumpre coa obriga de protección de menores, polo que se otourgará sempre un permiso de residencia para aqueles menores tutelados por calquera Estado se solicitaren vir a España. En caso de menores non documentados, será a Administración a que analice a situación persoal do rapaz para tomar unha decisión.

Lexislación e traballo

Para traballar, un inmigrante ha de solicitar unha autorización: o Permiso de traballo.

Para a súa concesión inicial, o Estado poderá ter en conta a situación nacional do emprego, e limitar dito permiso a certos sectores ou traballos. Inicialmente, durará 5 anos, se ben poderase prorrogar e facerse permanente.

Axudas e subvencións

En Galicia, a Dirección Xeral de Inclusión Social ten competencias en materia de inmigración, a través do Servicio de Atención ás Personas Inmigrantes. 

As axuda a inmigrantes en Galicia están esencialmente enfocadas a axudas para emigrantes retornados, especialmente os de 2ª ou 3ª xeneración. Algún exemplo son a concesión de 1000€ por fillo aos emigrantes retornados, 1250€ por fillo se van vivir ao rural. Para inmigrantes sen ascendencia galega non atopamos ningunha axuda polo feito de ser inmigrantes. As que hai, son subvencións a corporacións locais para a inmersión social e a axuda a familias gitanas e inmigrantes en risco de exclusión, de acordo coa ORDE 6 de agosto de 2019. Os inmigrantes tamén poden solicitar as mesmas axudas por rendas baixas que os españois, pero en ningún caso teñen axudas, becas ou subvencións polo feito de ser inmigrantes.

Pasos a seguir por un inmigrante para establecerse en Galicia.

  • Conseguir un visado/pasaporte

    Para iso, o solicitante ha de achegarse a unha embaixada ou consulado con todos os papeis en orde.

  • Solicitar un permiso de residencia temporal.

    Nunha Oficina de Extranxeiros.

  • Obter o NIE e a Tarxeta de Residencia.

    Que chegará entre 3 semanas e 2 meses despois de ter solicitado o permiso de residencia temporal. A Tarxeta daranos o NIE (Número de Indentificación Extranxeira, semellante a un DNI). En caso de precisar identificación máis rápido, poderase solicitar só o NIE e logo, a Tarxeta.

  • Solicitar un permiso de traballo.

    Nunha Comisaría de Policía ou no Centro de Extranxeiros. É a única maneira de poder atopar traballo legal en España. Unha vez feito isto, é conveniente darse de alta na Seguridade Social.

  • Tras 5 anos en España, solicitar un permiso de residencia permantente.

    A partires de aí, o extranxeiro levará unha vida moi practicamente igual á dun galego.