Segundo o Instituto Nacional de Estatística, un 11% da poboación total do Estado español está composta por inmigrantes, mentres que na Galicia, e segundo datos aportados pola Secretaría Xeral de Inmigración, é do 3,4% (datos do ano 2009). Cómpre dicir que a cantidade de persoas inmigrantes sobre a poboación total, a pesar de ser moi inferior á media estatal, ten unha tendencia ascendente. 

En Galicia, o 3,4% da poboación é inmigrante

Pola propia estrutura económica da Galicia que historicamente non requeríu nin require un gran volume de man de obra. Mais nas últimas tres décadas, Galicia tivo un cambio de rol en canto aos fluxos migratorios. Porén, sempre houbo fluxo migratorio cara Galicia, pese a que este foi inferior o volume de emigrantes que saían do país até a década de 1990. Tecnicamente, o indicador que mide estes fenómenos chámaselle saldo migratorio, que foi negativo até o 1990 e positivo despois. Para ver un exemplo disto e aproximarnos ás cifras que se manexan, tomamos os datos do saldo migratorio do ano 2005. Neste ano emigraron 22.590 galegos, mais tamén chegaron 39.435 inmigrantes.

O último ano do que temos cifras dos fluxos migratorios ao dispor é o 2018. A inmigración interna (do Estado español a Galicia) foi de 64.362 persoas, e externa (provintes do estranxeiro), de 42.757. O saldo migratorio externo é positivo mais non por unha ampla marxe: 12.391 persoas máis inmigraron á Galicia que enmigraron ao estranxeiro.

Fonte: La Voz de Galicia https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/06/26/inmigracion-evita-galicia-baje-27-millones-habitantes/0003_201806G26P5991.htm

As provincias galegas que máis inmigración reciben son A Coruña e Pontevedra, pois é aquí onde están as principais cidades galegas. Mais non é só nas poboación urbanas onde se asentaron persoas inmigrantes, todos os municipios galegos, sen excepción, teñen inmigrantes entre a súa poboación. Para ilustrar esta dinámica que se observa na distribución xeográfica das persoas inmigrantes, tomamos datos do 2005, cando só o 40% dos inmigrantes chegados nese ano asentáronse nas cidades máis importantes (Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Compostela, Lugo e Ferrol).

Sobre a distribución xeográfica tamén debemos destacar un maior fluxo cara zonas costeiras. Tamén existen tendencias a determinadas zonas segundo de onde proveñen os inmigrantes: os franceses descenden en volume en Santiago comparados con Coruña e Betanzos, quedando á par cos italianos e son moi escasos en Tui, onde predominan os portugueses.

2 comentarios sobre “A incidencia na poboación galega da inmigración

  1. Onde está a diferenza entre este contido e o que se presenta en: Características socioeconómicas que deron e dan lugar á inmigración. Sinceramente eu non vexo moita diferenza. Saldo migratorio, poboación…
    E a fotografía que representa?

    Me gusta

Deja un comentario